Pastor Rodríguez. Nacido n’A Pobra do Caramiñal en 1859, José María Hermo Fidalgo entrou na orde de San Francisco en 1876, desenvolvendo o seu labor misioneiro en Bolivia, Palestina e Exipto. Morreu na cidade de Pontevedra, onde era capelán do convento de Santa Clara. Relixioso moi conservador, a súa primeira obra editada foi unha Guía del peregrino en Tierra Santa, publicada en Xerusalén en 1888. En Bolivia editou na cidade de La Paz a obra La madre de los sueños, en 1899. En plena guerra civil editará Importancia del Catecismo sobre todas las Ciencias Humanas habidas y por haber (1937), pero que na capa leva por título Arriba España Imperial con el Catecismo. Seguir lendo Un franciscano d’A Pobra
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Un franciscano de Boiro
Pastor Rodríguez. Os franciscanos establecéronse en Galicia ben pronto, arredor de 1215 e a súa presenza na bisbarra do Barbanza foi grande, con conventos en Noia, A Pobra do Caramiñal, pero ademais o convento de Herbón (Padrón) queda cerca da nosa comarca e nel profesaron varios relixiosos da contorna, mentres que outros tomaron o hábito de Francisco de Asís, en Compostela. Entre estes últimos estaba Andrés Sieira Balseiros, nacido en Abanqueiro en 1769, que profesou en 1784 e, tras recibir as ordes sacerdotais, estudou en Alba de Tormes dende 1793. Xa no ano 1797 logrou por oposición a Lectoralía de Artes n’A Coruña, pasando logo a Herbón, onde foi superior entre 1809 e 1813 e entre 1817 e 1820. Seguir lendo Un franciscano de Boiro
Un xurista noiés
Pastor Rodríguez. Non faltaron os xuristas, maxistrados e especialistas en Dereito na bisbarra do Barbanza, e entre eles destacou Gerardo Doval Rodríguez, nacido en Noia en 1861 que, ademais de estudar Medicina, foi doutor en Dereito e tivo gran presenza na política española da época da Restauración, sendo deputado liberal nas lexislaturas de 1905, 1916 e 1923, ademais de senador por Teruel en 1919.
Un franciscano de Boiro
Pastor Rodríguez. Se ben houbo presenza do Barbanza en varias ordes relixiosas, o maior número deuse na orde de San Francisco, cousa lóxica dado que os franciscanos tiveron conventos na Pobra, en Noia e en Muros, pero ademais quedaba preto o de Herbón. Franciscano foi Manuel Suárez Lorenzo, nacido en Boiro en 1864, lector de Teoloxía en Santiago ata 1910, definidor provincial de 1896 a 1899 e bibliotecario do convento compostelán ata 1947. Aínda que publicou algunha obra piadosa como Vía Crucis viviente (1904), destacou polos seus traballos históricos na revista El Eco Franciscano, entre os que se poden citar La concha de la Catedral (1918), Descubrimiento de las reliquias del Apóstol Santiago en 1879, serie de artigos de 1920 Seguir lendo Un franciscano de Boiro