Un franciscano de Boiro

manuelPastor Rodríguez. Se ben houbo presenza do Barbanza en varias ordes relixiosas, o maior número deuse na orde de San Francisco, cousa lóxica dado que os franciscanos tiveron conventos na Pobra, en Noia e en Muros, pero ademais quedaba preto o de Herbón. Franciscano foi Manuel Suárez Lorenzo, nacido en Boiro en 1864, lector de Teoloxía en Santiago ata 1910, definidor provincial de 1896 a 1899 e bibliotecario do convento compostelán ata 1947. Aínda que publicou algunha obra piadosa como Vía Crucis viviente (1904), destacou polos seus traballos históricos na revista El Eco Franciscano, entre os que se poden citar La concha de la Catedral (1918), Descubrimiento de las reliquias del Apóstol Santiago en 1879, serie de artigos de 1920La cripta del apóstol Santiago (1922), Autenticidad de las reliquias del Apóstol Santiago, colección de artigos que publicou entre 1922 e 1925. Pero as súas obras máis importantes foron Cronicón Iriense. Edición corregida y aumentada, que publicou en sucesivas entregas entre 1929 e 1930 e a tradución ao castelán da Historia compostelana, que apareceu xa póstuma en 1950.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *