Arquivo da categoría: María Xesús Blanco

Helena

Imaxe: Belén Rodríguez Pazo
Imaxe: Belén Rodríguez Pazo

María Xesús Blanco. HELENA. Gústame ver o seu nome escrito con letras maiúsculas. Ti ben sabes que é de orixe grega. Significa luz, escintileo, fulgor. Claro que os meus avós decidirían ese nome por outras razóns. Pero nestes días non fago máis que pensar en mulleres que se chaman coma ela. Tamén en personaxes mitolóxicas e literarias. Dende Helena de Troia a Helena Pazo, a dona desta galería de arte. Supoño que polas últimas lecturas, polo premio. E porque dun xeito ou de outro téñoa no pensamento a todas horas. Seguir lendo Helena

Zahira

Foto: Raquel Xallas
Foto: Raquel Xallas

María Xesús Blanco. Un dente de león pode viaxar centos de quilómetros. Pode incluso cruzar fronteiras. Iso pensou Zahira cando sentiu o vento asubiando dende o cumio do faro. Soprou con suavidade sobre a esfera branca e de súpeto viu unha morea de peluxes voando. O desexo de estar contigo. Unha tarde de verán rebentada pola ausencia. Colleu o neno da man e baixou polo carreiro. O sol comezaba a esvaerse e percibiu a inquedanza da luz minguante no horizonte. Lembraba ben aquel rebumbio de voces. O pole que se espallara polo aire. E as pegadas dos que camiñaran nerviosos ata a praia onde agardaba a incerta singradura. A imaxe xurdiu poderosa na súa mente. A súa meixela pegada á túa. Pel con pel. A túa epiderme humedecida. Seguir lendo Zahira

Aire fresco

imageMaría Xesús Blanco. Que ganas temos de non usar a máscara. De ver o sorriso dos amigos ou o da veciña no primeiro encontro da mañá no portal do edificio. De saír á rúa sen máis preocupación ca de sentir nos beizos a lixeireza suave do vento. De buscar cores de carmín diferentes para pintalos cada día. Será que hoxe corre un aire fresco e non podo cavilar noutra cousa. Será tamén porque o temos ben merecido. Despois de encarar con afouteza e paciencia un percorrido longo con furados abruptos. Seguir lendo Aire fresco

Anotacións

Ilugstración: Belén Rodríguez Pazo
Ilustración: Belén Rodríguez Pazo

María Xesús Blanco. Unha calor asfixiante e a porta pechada. Foron dous pisos. Resultou fácil saltar aquela tarde. Unha decisión rápida. Pouco intelixente, claro. Pero rápida. De súpeto sentín unha necesidade urxente de fuxir. Volveran as náuseas. A cabeza a piques de rebentar. E meus pais traballando arreo no bar. Pensaban que esquecería todo vendo series de televisión, estomballada no sofá. Encerrada entre catro paredes. E mentres eses individuos facendo o que lles petaba por aí. Dinme que debo retomar os estudos. Que hei de levar unha vida normal.  E que debo facer anotacións de calquera cousa que me veña ao pensamento. Seguir lendo Anotacións