María Xesús Blanco. Nena camiñando con afouteza cara a quen a retrata. Avanza segura, e sen mesura, como se non quixese ser inmortalizada nunha pose estática. Ou talvez tenta seguir as indicacións de quen está detras do aparello fotográfico. Ribeira anos 60. Instantánea feita un día de lecer. Arestora o sol do mediodía aínda alumea ergueito e xubiloso enriba da explanada. Seguir lendo Nena en movemento
Arquivo da categoría: María Xesús Blanco
Solsticio de inverno
María Xesús Blanco. Paisaxe silenciosa. Suave. O marco da fotografía é o oco dunha ventá. Perspectiva dende a fiestra do dormitorio principal. A alborada semella luminosa e, ao mesmo tempo, cadenciosa. A beleza xorde devagar, como a neve. Non todo é frío e escuridade nos meses do solsticio. Seguir lendo Solsticio de inverno
Reiteración alarmante
María Xesús Blanco. É frecuente escoitar que, na actualidade, non existe discrimi-nación entre homes e mulleres. Que é absurdo falar destas cuestións nunha sociedade como a nosa. E que iso da violencia de xénero é cousa de persoas trastornadas. Porque a lei, insisten, é igual para todos. E unha pregúntase perplexa como se pode alimentar esta opinión tan baleira, e tan danosa ao mesmo tempo, vendo o que acontece ao noso redor. Seguir lendo Reiteración alarmante
Entusiasmo
María Xesús Blanco. Son mestra. Porque quero. Porque me gusta a docencia. Comecei a miña andaina nun colexio rural na costa da Morte. Unha experiencia enriquecedora. Como todas as que seguiron despois. Alí puiden ver, por vez primeira, a distancia que había entre a teoría da educación e a escola real. Eran os anos noventa, e a coñecida EXB estaba esgotando o seu periplo. Percateime tamén de que ter títulos universitarios e aprobar un difícil exame de oposición íanme servir de pouco á hora de artellar estratexias para traballar cos meus alumnos. Seguir lendo Entusiasmo