Arquivo da categoría: María Xesús Blanco

Un novo tempo

carolinaMaría Xesús Blanco. Xaneiro agardaba por nós con frío e moita auga nas fervenzas e nas estradas despois dun outono atípico e esvaradío. E a normalidade impoñíase outra vez nas nosas vidas despois da algarabía de ruídos e luces desordenadas. As noites longas invitan agora ao recollemento. Á reflexión sobre o que foi e o que está por vir. Asemade, nas rúas, nos lugares de traballo, nos bares, na radio, na prensa, en todas as partes: os últimos acontecementos políticos. Seguir lendo Un novo tempo →

Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira

os televisoresMaría Xesús Blanco. Mergullarse na lectura de Os televisores estrábicos (Ed. Xerais, 2014) resulta, cando menos, unha interesante descuberta. A primeira achega literaria publicada de Ramón Vilar Landeira (Rodís, Cerceda, 1973) é un libro de relatos moi recomendable que transita pola dura realidade social e económica dos nosos días, e da man duns personaxes abocados a vivir situacións complicadas pero que son quen de resistir no gume dun tempo hostil. Catorce historias intensas, estruturadas nun fío narrativo no que predomina o relato curto, que amosan a habilidade do autor no uso de diferentes rexistros á hora de artellar, con credibilidade Seguir lendo Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira →

Futuro imperfecto, de Xulia Alonso

futuroMaría Xesús Blanco. E fácil emocionarse coa lectura de Futuro Imperfecto (2010, Editorial Galaxia), primeira obra literaria da escritora Xulia Alonso (A Rúa, 1961). Cunha prosa de ritmo áxil, escrita en primeira persoa, a autora ofrécenos unha historia persoal, un anaco da súa propia vida tocado por acontecementos moi intensos como a descuberta do amor e das drogas  nunha década, a dos oitenta, na que moitos caerían no consumo da heroína. A historia lévanos deste xeito por un percorrido vital que amosa a traxectoria duns mozos e mozas que son quen de sentir a forza da vida, de experimentar e de gozar os anos universitarios nunha cidade, Santiago, que ulía a cambio e liberdade, mais tamén de caer no abismo máis profundo, o da adicción ás drogas, ou no da enfermidade do SIDA polo terrible contaxio do VIH. Seguir lendo Futuro imperfecto, de Xulia Alonso →