Laura Gutiérrez. «Se o alacrán vise e a víbora ouvise, non houbera xente que vivise». Este é un dos numerosos refráns sobre víboras e outras serpes que poñen de manifesto o pánico (ou, polo menos, o gran respecto) que producen na poboación en xeral. Xa na Biblia a serpe representa o demo, responsable de introducir o pecado no mundo. Seguir lendo Ofibiofobia
Arquivo da categoría: Ciencia
Cosmos
Agustín Agra. Cosmos, no contexto da divulgación científica é palabra de enorme significado. Este día, recomendación de Manolo Castro, compañeiro xa retirado, comecei a ver os trece episodios, emitidos en 2014, de Cosmos: A Spacetime Odyssey, obra continuadora e, asemade, homenaxe da lendaria Cosmos: unha viaxe persoal. Seguir lendo Cosmos
Paisaxes graníticas

Jose Lires. Co paso dos anos caín na conta de que as sensacións das primeiras lecturas permanecían latentes á espera de aflorar no momento oportuno. Gocei moi novo da narración daquela viaxe arroutada ao centro da Terra, e crin no imposíbel. Tempo despois, dun xeito menos poético, aprendéronme a desentrañar os segredos do interior terrestre nas rochas da superficie. Seguir lendo Paisaxes graníticas
Paisaxe olfactiva

Agustín Agra. Este día aprendín que un bufo, ademais dun xénero de anfibios entre os que se atopa o sapo europeo, é un peido cheirento que non fai ruído. Daquela, apenas as miñas neuronas comezaron a enlearse en pensar no papel que desenvolven as papilas olfactivas, o meu caletre deu en enfiar que os cans cheiran a can, os porcos a porco, as flores a flor, mais que o home -estraño animal o home!- é o único animal por min coñecido que rexeita o seu propio arrecendo. Seguir lendo Paisaxe olfactiva