Laura Gutiérrez. «Se o alacrán vise e a víbora ouvise, non houbera xente que vivise». Este é un dos numerosos refráns sobre víboras e outras serpes que poñen de manifesto o pánico (ou, polo menos, o gran respecto) que producen na poboación en xeral. Xa na Biblia a serpe representa o demo, responsable de introducir o pecado no mundo. Malia a súa mala fama, as serpes realizan importantes funcións nos ecosistemas e non, non todas producen trabadas pezoñentas.
Os ofidios son, de seu, animais tímidos e fuxidíos. Cando unha serpe se atopa cun ser humano tratará de liscar e só se está preto dos seus ovos ficará en garda, protexéndoos. Por iso os seus ataques son raros e normalmente prodúcense porque séntense ameazadas e tratan de defenderse.
Das oito especies de serpes que habitan en Galicia seis son cóbregas, inofensivas, e dúas son víboras, que son velenosas. Para distinguir unha cóbrega dunha víbora debemos observar con atención a cabeza e os ollos. As cóbregas teñen a cabeza redondeada, cuberta de grandes escamas e ollos con pupilas redondas. As víboras, pola contra, presentan unha cabeza triangular tapizada de pequenas escamas e pupilas verticais, coma as dos gatos.
As dúas víboras da nosa comunidade son a cantábrica e a fociñuda. A primeira vive en gran parte de Galicia, mais é bastante difícil vela xa que é especialmente esquiva. A fociñuda debe o seu nome a que a parte anterior da cabeza está rematada nun sobresaínte fuciño. Esta última é moi pouco abundante, e vive nalgunhas zonas de montaña da serra do Xurés . Ambas segregan veleno e poden morder, aínda que os casos de mordedura son escasos (uns 15 cada ano).
As cóbregas son consideradas inofensivas porque, aínda que fabrican pezoña, teñen os dentes inoculadores na parte traseira da mandíbula. Por tanto, resultan letais para as súas pequenas presas, pero non son perigosas para o ser humano debido a que non son quen de abrir suficientemente a boca como para trabarnos (a non ser que, nun alarde de insensatez, introduzamos un dedo na súa boca).
Das seis cóbregas, a rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus) é a máis grande. As cóbregas lagarteiras (Coronella austriaca e Coronella girondica) presentan uns puntos marróns rodeados dun bordo negro. A serpe riscada (Rhinechis scalaris) posúe un inconfundible patrón en escaleira. A cóbrega de colar (Natrix natrix) exhibe no pescozo un colar amarelo, e a cóbrega viperina (Natrix maura) unha liña en zig-zag percorrendo o seu lombo desde a cabeza á punta da cola.
Tanto as víboras como as cóbregas son carnívoras e poden alimentarse de case calquera animal de pequeno tamaño, como peixes, anfibios, roedores, paxaros e insectos, polo que as serpes evitan que cheguen a constituír pragas, coas consecuencias para a agricultura que acompañan. A ausencia de ofidios practicamente garante o colapso do ecosistema pola superpoboación das súas presas.
Por outra parte, as serpes son unha fonte de alimento fundamental para moitos carnívoros, como curuxas, teixugos, xabarís e donicelas. Por tanto, a diversidade de serpes é unha peza fundamental para a boa saúde dos ecosistemas. Así que deixémonos de andrómenas porque as serpes nin hipnotizan, nin traen malos agoiros, nin encarnan a maldade.
Hola, Laura; yo conozco otro que dice así: “Picada de sabandija, hoy en la cama, mañana en la misa”.
Allá en tiempos pretéritos, cuando en las casas las lavadoras brillaban por su ausencia por falta de agua corriente, nuestras madres iban a lavar la ropa al rio. En una ocasión en la que acompañé a mamá a un rio privado llamado “rio da casanova”, me ocurrió lo que ahora voy a contarte. La ropa después de lavada se enjabonaba y se ponía “al clareo” esto, era ponerla al sol mojada y con jabón. Los tres elementos, agua, jabón y sol, hacían que la ropa se quedase blanca sin necesidad de lejía. Pues bien, mientras mi madre lavaba unas prendas de ropa oscura, me mandó ir a buscar la ropa que estaba a clarear, y fui a buscarla al prado que se encontraba a unos metros del río. Puse dentro de una de las sábanas la ropa restante y luego cogí la sábana por las cuatro puntas y cargué con la ropa arrimada a mi tripa y estómago. Yo noté que algo se movía dentro de la ropa y al dársela a mamá salió de dentro de la funda de una almohada una culebra. Cada vez que lo recuerdo me pongo mala de verdad.
Llamamos al dueño del río, y… Siento decirte, Laura, que en aquel momento fuimos incapaces de contribuir en la ayuda de la buena salud del ecosistema. La matamos.
Un abrazo desde Palmeira.