Arquivo da categoría: Ciencia

Praias limpas, praias mortas

Os científicos expertos aconsellan conciliar os diferentes usos das praias FOTo JESÚS SUÁREZ ARES
Os científicos expertos aconsellan conciliar os diferentes usos das praias FOTo JESÚS SUÁREZ ARES

Xulio Gutiérrez Roger. Durante milenios as praias foron consideradas como lugares inhóspitos e de escaso valor. Á parte dalgunhas actividades extractivas ou lugar de varada de embarcacións, as praias foron ata hai moi poucos anos patrimonio case exclusivo da fauna salvaxe. Seguir lendo Praias limpas, praias mortas

Medicamento e negocio

farmacia1Francisco Ant. Vidal Blanco. Ninguén pon en dúbida a importancia das empresas farmacéuticas. Sen elas ata ter un catarro sería un problema. Elas contribúen en grande medida á mellora da calidade de vida. Pero se o ser farmacéuticas implica un ben para a sociedade, o ser empresa é un problema que leva ós seus directivos a sopesar que é máis importante, se evitar o sufrimento dos paisanos ou engordar a conta de beneficios dos seus conselleiros, socios e inversores. Claro que, a pesares de que a saúde non debería ser un negocio, calquera empresario ten como premisa fabricar cos menores costes e vender coa maior ganancia en función da necesidade Seguir lendo Medicamento e negocio

Agamben e Greta

Greta_Thunberg_02_croppedGiorgio Agamben. (Da rúbrica «Una voce» de Giorgio Agamben no sitio web de Quodlibet, 18 de novembro de 2019).  Do mesmo xeito que calquera relixión, tamén a relixión da ciencia non podía carecer dunha escatoloxía, é dicir, dun dispositivo que, mantendo aos fieis no medo, reforza a súa fe e, ao mesmo tempo, asegura o dominio da clase sacerdotal. Aparicións como Greta son, neste sentido, sintomáticas: Greta cre cegamente no que os científicos profetizan e espera a fin do mundo en 2030, exactamente como os milenaristas na Idade Media crían no inminente regreso do mesías para xulgar o mundo. Seguir lendo Agamben e Greta