Fidel Vidal. O coñecido Cristo de Dalí que está no museo Kelvingrove de Glasgow, un óleo de gran formato (206 x 116 cm.), titúlase “Cristo de San Juan de la Cruz”. O nome do cadro -tal como conta o “falso louco”, así cualifica Lezama Lima a Dalí- naceu da inspiración ao contemplar os debuxos de Cristo realizados por frei Juan. Son debuxos a tinta sobre papel. Un deles, de forma ovalada, non excede os 5 cm. pola parte máis longa. Trátase dun Crucificado visto desde arriba, desde o costado esquerdo, onde un corpo exhausto, cravado de pés e mans por cravos imposibles, agoniza deixando caer unhas pingas de sangue. Seguir lendo O Cristo de Dalí
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
De viños pola Ribeira Sacra
Eme Cartea. Un día despois da declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como BIC, estes 180 quilómetros cadrados lindeiros entre Lugo e Ourense son xa candidatos oficiais a Patrimonio Mundial da Humanidade 2021, froito dos seus caldos con máis de 2000 anos de historia e decantación. Seguir lendo De viños pola Ribeira Sacra
Valente e a unidade das artes en Fonseca

Pilar Sampedro. Para corroborar a frase de Valente: “Eu creo na unidade das artes”, a cátedra que leva o seu nome na Universidade de Santiago organiza a mostra na que se pode acceder ao diálogo entre a arte literaria e a plástica. Se facemos historia, podemos lembrar que foi a raíz do seu nomeamento como Doutor Honoris Causa pola USC Seguir lendo Valente e a unidade das artes en Fonseca
Un grafite impuro
X. Ricardo Losada. Leo nun artigo de prensa que as culturas non occidentais xa non fan obxectos decorativos ou artesanías para consumo interno, e moito menos aínda para prácticas rituais, senón para vendérllelos aos turistas. Mágoa. E non só porque implique a perda de moitas tradicións propias, e a mercantilización dun tipo de arte moi peculiar, senón por un problema artístico. Os nativos crean obxectos ou estéticas acordes cos prexuízos que os turistas teñen sobre esas culturas, desvirtuándoas totalmente. Pasa o mesmo coas comidas. Vas a China e non probas a comida que toman os chineses. Tomas a comida chinesa preparada para o gusto occidental. Seguir lendo Un grafite impuro