Pilar Sampedro. Noia foi sempre berce de artistas. Por iso podemos falar da Noia literaria e a Noia das Artes que levitan por outra realidade. Igual que Castroforte del Baralla desaparecía de vez en cando, esta outra Noia aparece de cando en vez. Seguir lendo Noia, berce de académicas
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Doroteo Arnáiz, gravador
Fidel Vidal. Das experiencias de aprendiz de gravador nunca esquecerei, como unha das máis agradecidas, a de tomar conciencia de que estaba a traballar nun taller. Nun obradoiro no sentido máis prosaico do termo, no que, ademais de elaborar a parte artística, é necesario preparar as pranchas, estender a tinta, pasar a tarlatana, ou mesmo humedecer Seguir lendo Doroteo Arnáiz, gravador
A árbore da vida, de Álvaro de la Vega
X. Ricardo Losada. Visito no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo a extraordinaria exposición A árbore da vida do escultor lugués afincado en Rianxo, e nun dos cumios da escultura galega actual, Álvaro de la Vega. A medida que me movo polos diferentes grupos escultóricos (376 figuras de madeira), recordo o asombro que me produciu hai moitos anos decatarme da inmensa variedade de xestos e posturas que tiñan os meus alumnos á hora de escribir nun exame. Pasei dúas horas fixándome nos detalles e como eses detalles configuraban mundos e psicoloxías diferentes. Seguir lendo A árbore da vida, de Álvaro de la Vega
Libertas, na Casa dos Cóengos
Antonio Piñeiro. Convídoos a asistir á mostra de Libertas, de Olegario Sampedro, na Fundación Cela, en Iria Flavia, coa súa poética visual e mais a poética dos espazos impregnados do xenio incomparable realzados mutuamente. Seguir lendo Libertas, na Casa dos Cóengos