Pilar Sampedro. O Día da Ilustración forma parte das datas sinaladas no Calendario do Libro e da Lectura. Celébrase o 30 de xaneiro, conmemorando o nacemento de Castelao.
Cada ano, a consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a iniciativa en colaboración coa AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). O obxectivo é lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural ao tempo que se homenaxea, en cada ocasión, unha ilustradora ou ilustrador histórico galego. Seguir lendo Raimundo Patiño a propósito do Día da Ilustración 2022