Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Débedas e préstamos

cartea
Masturbación I-II. Dúas das 31 pezas de escultura do artista ribeirense Gonzalo Sarasquete, expostas os meses de xullo e agosto no Museo do Pobo Galego, en Santiago.

Eme Cartea. Este escultor ribeirense chega ao mundo da arte, formal e espiritualmente, da man de Atlántica, movemento que nos anos oitenta sitúa a linguaxe da arte galega na modernidade, sen por iso renunciar á parte idiosincrática de noso, social, cultural, económica e territorialmente. Dende os seus inicios traballa en distintos soportes, dende a madeira á fibra de vidro, entre outros. Pero nos últimos dez anos, tivo a intuición da lousa, e devén o seu material expresivo de referencia. Seguir lendo Débedas e préstamos

Ricardo Dávila, escultor pobrense

As Letras. ImaxeEme Cartea. Despois de Auschwitz, a poesía é posible, pese a Adorno e ás guerras quentes e frías que fixeron tabula rassa de toda a lóxica moderna. Despois da morte de deus, a morte do home, que resucita como o animal que é, e o único deus posible. Hoxe, ser «absolutamente moderno» -como nos esixía Rimbaud-, xa non é un imperativo: imponse o «retorno ao real» crítico e comprometido, fronte á narrativa autónoma greenberiana da arte pola arte. Falamos, pois, de posmodernismo, de tema e contido, do aquí e do agora.

Neste espazo cronolóxico sitúase a obra poliédrica de Ricardo Dávila, artista de ideas e sensacións que expresa con mestría. Seguir lendo Ricardo Dávila, escultor pobrense

Xeve. A casa dos Ruibal (I)

xeve1Carlos Mosteiro. Xa non vivo en Xeve. En moitos aspectos xa non é o meu lugar no mundo. Vou de cando en vez para asegurarme de que a casa segue en pé. Pero se me preguntan eu digo que son de Xeve. Non podo (nin quero) evitalo. A verdade é que non hai moito que dicir de Xeve; non hai monumentos megalíticos, nin edificios de interese; a súa fauna humana é agora do máis convencional, e por non ter nin temos equipo de fútbol. Seguir lendo Xeve. A casa dos Ruibal (I)

Baldo Ramos, un poeta pintor

baldoAntonio Piñeiro. Signo, esencia, icona, embrión, paratextualidade, inmediatez, insinuación. Diciamos unha vez, coido que aquí mesmo, que o acto pictórico de Baldo Ramos ten o significado daquel soprido co tuto, na cripta primitiva da arte; o pigmento expelido co que o pintor (aquel xamán, gurú, mestre) descubriu o mundo en si mesmo ou se sorprendeu entendéndoo. Seguir lendo Baldo Ramos, un poeta pintor