Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

“Verbas de paleta”. A forza do contraste

As Letras da Arte. ImaxeEme Cartea. Referímonos a Carme Sampedro, que acaba de expor no Centro Empresarial do Tambre a serie “ELA”, en vermello sobre negro, 20 acrílicos de gran formato fusionados cos seus poemas en galego, de temática cordial. Un conxunto coreográfico de tensión e dinamismo onde a figura aparece como conxelada no tempo a modo de proxección fotográfica, e animada pola xestual lixeireza da pincelada, de poderosa e sensual expresiviade matérica.

Sabemos que esta proposta supón unha radical mudanza na prometedora carreira desta artista plástica atrapada na súa íntima necesidade de crear Seguir lendo “Verbas de paleta”. A forza do contraste

Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón

As Letras da Arte.BbaleasAntonio Piñeiro. Polas vereas mergulladas da natureza vai a gran parada dos seres vivos. O ollo do arquitecto universal dispón a danza no lombo dunha estrela de mar. Cada fracción de espazo-tempo, malia o teorema euclidiano, é ocupada polo anel impreciso dunha cuncha. A danza das baleas deixa a súa trécola riseira ao lonxe. Desde o profundo soben árbores de diatomeas mentres os peixes respiran auga de cor. Delicadamente simbólica, intimamente filosófica, afervoadamente plástica, anque minuciosa, ata o extremo dun traballo téxtil, comprobei como a nova achega de Carlos Pereira concitou cualificacións apaixonadas no libro de visita. Seguir lendo Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón

Rosalía de Castro

rosaliaXerardo AgraFoxo. Leo este libro de Teresa Candal (A Coruña, 1975) mentres se coñece unha descuberta importantísima para todo o «rosalianismo»: o achado por parte da investigadora Sagrario Abelleira no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid do expediente matrimonial inédito da escritora con Manuel Murguía datado en 1858. Entre os documentos inclúese a declaración notarial feita en xuño de 1843 pola súa nai, Teresa de Castro, na que afirma que a data de nacemento de Rosalía é o 23 de febreiro de 1837, e non o 24, como se viña conmemorando facéndoo coincidir co día do bautizo. Seguir lendo Rosalía de Castro

Bailarina espírito

Goretti amosa nas vitrinas recortes de cristal-cor que integra nos seus traballos
Goretti amosa nas vitrinas recortes de cristal-cor que integra nos seus traballos

Antonio Piñeiro. Cheguei á nova sala-obradoiro de Goretti Bello contra as dez e media. Coma quen di, estaba comezando o día. Pero ela ía xa a pleno pulmón. Enriba da súa mesa de traballo, no medio e medio da exposición, había unha cunca de chocolate e as follas bosquexadas das súas novas obras. Decateime da deliciosa música que tiña posta de fondo. Moby. Creo que era Porcelain. Non o busquei. Seguir lendo Bailarina espírito