Xosé Manuel Lobato. Dende a abstracta indefinición, ou definición dun termo de profundo arraigo na nosa terra, só os galegos e galegas de verdade, os de auténtica cerna, acadan esa ampla connotación necesaria para unha comprensión non sesgada. Continue reading Saudade
Arquivos da categoría Xosé Manuel Lobato
Monte Viso
Xosé Manuel Lobato. Ferve o mar, escurecese o Sar mentres se agocha Compostela. Moi preto, escintila con intensidade entre fumarolas místicas acompañadas dun estarrecedor resón o grande cumio sacralizado. Profundo culto panteísta nos peregrinos e romeiros, amantes e coñecedores da nai natura e, da súa fontenla de salgada vida, con todos eses datos programan de xeito minucioso as súas viaxes os milleiros de andantes. Continue reading Monte Viso
Refuxio
Xosé Manuel Lobato. Dúas arterias básicas, Rodelo e Fontevirtude, cos seus capilares nun gurgullar festeiro de humidal alboreiro con toda a enerxía dos recente nados.
Augas procedentes do Bocelo para formar esa lagoa de inimaxinables soños, tamén diversión para calquera ser mergullado no maxín da lagoa de Sobrado. Continue reading Refuxio
Lembranza
Xosé Manuel Lobato. Liberadas, tentan sobrevoar decorando unha bóveda gris de lilas místicas, ocres intensos, amarelos suaves, marróns murchos, vermellos difusos… son a gran comitiva de caducas no ar. Novembro, mes de excelencia outonal, na paradoxal decadencia floral, murcha o ánimo, emerxendo con intensidade os recordos en íntima comunicación coa saudade pretérita. Continue reading Lembranza