Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Culto barbantiño

ruta-barbantinho3-300x278Xosé Manuel Lobato. Admirando foresta e beixando ao sombrizo pedreiro da contorna de Amoeiro, cantaruxa baixiño o Barbantiño.

Orgulloso se amosa este río, no nacente de escaso caudal, mais o seu é un paseo triunfal con marcos ou testemuñas senlleiras delimitando con precisión.

Fervenza ou tamén Cachón, máis coñecido pola segunda denominación Seguir lendo Culto barbantiño

Celme mascarada

entroido-do-ulla-2018-os-xenerais-teo_img8974n1t0Xosé Manuel Lobato. Ansiedade inquietante, o Ulla por primeira vez despois do verán baixa atoldado, as máscaras xa están preto e só hai que ensaiar. Outros tempos aqueles, como mínimo catro meses de preparación, porque o éxito era fiel aliado do esforzo e o convencemento.

Dunha e doutra ourela do río un único obxectivo, imaxinación ao poder para argallar e crear, sempre coa dose necesaria de exclusividade para sorprender e superar a todo pasmón que ía contemplar, e fundamentalmente superar, a potenciais adversarios. Seguir lendo Celme mascarada

Efluvios do esquecemento

IMAG0569Xosé Manuel Lobato. Avanzar sen molestar, sempre inmerso no seu íntimo sixilo, pausado e despreocupado sen rancores, malia tantos atrancos que o bípede ser pensante foi argallando para beneficiarse do seu natural itinerario. Emerxe brincando, cantareiro e xovial, en terras agrestes no lugar de Talariño, na súa crianza percorre a parroquia de Paradiña, lugar que abandona sen altas expectativas de resplandor nin conquistas efémeras. Seguir lendo Efluvios do esquecemento