Arquivo da categoría: Inés Otero

Non chorar, de Lydie Salvayre

No_llorar_CobA.inddInés Otero. Outra máis? Outra novela máis sobre a Guerra Civil? Hai algo máis que contar sobre este tema? E, neste caso, narrado por una escritora francesa? Non é un asunto moi trillado? Pois, non. En primeiro lugar, porque Lydie Salvayre, aínda que naceu preto de Toulouse (1948) e traballa como psiquiatra infantil na banlieu de París, é filla dun andaluz e unha catalá, e o seu nome real é Lidia Arjona. En segundo lugar, porque conta a historia a partir dun punto de vista diferente: o da súa nai, Montse, nacida nunha aldea de Lérida, que en 1936, con apenas quince anos, vai a Barcelona co seu irmán anarquista para vivir unha experiencia que a marcará o resto da súa vida. Seguir lendo Non chorar, de Lydie Salvayre

O camiño dos defuntos, de François Sureau

defuntosInés Otero. París, comezo da década de 1980. Javier Ibarrategui, antigo militante de ETA durante o franquismo, solicita o asilo político en Francia pois cre que se regresa a Euskadi podería ser asasinado polos GAL ou polos seus propios “compañeiros”. Para o goberno francés trátase dun asunto moi delicado. Que facer entón? Ibarrategui pertenceu á cúpula de ETA pero leva dez anos vivindo en Francia. Traballou, sempre afastado de toda actividade política, nun taller mecánico de Quimper e nunha librería de París. Cando se produciu o atentado contra Carrero Blanco en 1973, mesmo escribiu un pequeno texto desaprobando este asasinato, texto que se publicou en panfletos clandestinos pero que criticaron duramente algunhas voces autorizadas da esquerda abertzale. Seguir lendo O camiño dos defuntos, de François Sureau

Tumulto, de Hans Magnus Enzensberger

tumultoInés Otero. O libro comeza cunha viaxe deste autor (Kaufberen, 1929) á Unión Soviética no ano 1963, onde tivo a oportunidade de coñecer, xunto con Jean-Paul Sartre e outros intelectuais europeos, a Nikita Jruschov nas marxes do Mar Negro. Unha recepción que deixou na mente do escritor unha negativa imaxe do dirixente ruso: “un hombre sin secreto en el vértice del Estado”. Despois relata outra viaxe máis ampla por diversos territorios da URSS. Sendo neste periplo cando coñece a María Aleksándrovna Makarova –que se converterá na súa segunda muller despois dunha voda civil en Moscova no ano 1967– e explórase as terras máis illadas dun país atravesadas polo Transiberiano. Seguir lendo Tumulto, de Hans Magnus Enzensberger

A lei do menor, de Ian McEwan

la ley del menorInés Otero. Fiona Maye, unha comprometida xuíza dun Tribunal Superior, vive unha situación inquietante. Debe asumir o caso de Adam Henry, un menor de idade que precisa, para vencer a leucemia, unha urxente transfusión de sangue. Algo normal se non fose que os pais son testemuñas de Xehová e están dispostos a defender os seus postulados relixiosos. No medio deste dilema, Jack, o seu home, pídelle permiso para manter unha aventura sentimental cunha tal Melanie. Baixo esta dobre problemática moverase –durante uns días– a vida desta xuíza inglesa, unha muller que está habituada a implantar con firmeza a legalidade nun xulgado de familia, pero que amosa serias dúbidas no seu comportamento cando debe resolver o conflito que ameaza a súa estabilidade matrimonial. Seguir lendo A lei do menor, de Ian McEwan