Non chorar, de Lydie Salvayre

No_llorar_CobA.inddInés Otero. Outra máis? Outra novela máis sobre a Guerra Civil? Hai algo máis que contar sobre este tema? E, neste caso, narrado por una escritora francesa? Non é un asunto moi trillado? Pois, non. En primeiro lugar, porque Lydie Salvayre, aínda que naceu preto de Toulouse (1948) e traballa como psiquiatra infantil na banlieu de París, é filla dun andaluz e unha catalá, e o seu nome real é Lidia Arjona. En segundo lugar, porque conta a historia a partir dun punto de vista diferente: o da súa nai, Montse, nacida nunha aldea de Lérida, que en 1936, con apenas quince anos, vai a Barcelona co seu irmán anarquista para vivir unha experiencia que a marcará o resto da súa vida. Tamén porque explica as rivalidades políticas nunha pequena comunidade onde a loita dos anarquistas contra os comunistas e estes contra os falanxistas semella un claro exemplo da loita de clases. E todo contado a partir das entrevistas que a autora lle fai á nai de noventa anos, unha anciá que perdeu a memoria dos últimos setenta anos da súa vida e só recorda en franpañol aqueles incertos días do verán do 36.

non chorar2Pas pleurer (2015), narrada con intercalados de documentos da época (PEQUENA LECCIÓN DE DEPURACIÓN NACIONAL ou CARTA DE ARCEBISPOS E BISPOS ASINANTES A FAVOR DA DITADURA DE FRANCO) e coas reflexións que naquel entón realizara o escritor George Bernardos –na súa obra Os grandes cemiterios baixo a lúa, sobre os crimes cometidos en Mallorca–, é unha achega diferente sobre o drama español. A obra gañou o Premio Goncourt 2014, apenas 50 francos, pero que lle valeu pasar dos 20.000 exemplares vendidos en Francia a máis de 400.000 nunhas poucas semanas.

Imprescindible para os amantes das apostas literarias ambiciosas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *