Xosé Manuel Lobato. Avance pausado, entre Parada e Sober, dunhas augas esgotas na súa propia realidade. Xenuínas do Courel, fillas do Selmo e precursoras dunha forma de existir, auténtico paralelismo co pobo que as bambeou no barrelo natalicio. De orixe humilde, nativas dunha contorna de crueza, natura esixente dende os primeiros andares, os Vieiros obrigan a despenarse no baleiro, mentres discorren fóra dos seus intanxibles límites, sendo expulsadas dunha paraxe fermosa, mais de difícil subsistencia. Seguir lendo Paradoxal anamnese
Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato
Castelao no Ilicinio
Xosé Manuel Lobato. Transcorría o ano 1924 cando o vate de Rianxo visitou o Pico Sacro, unha viaxe organizada na honra do insigne rianxeiro, que se celebrou o dezanove do mes de Santiago. A comitiva parte da vila da Estrada, entre os viaxeiros encontrábanse García Barros (Ken Keirades), Castedo, Nodar Magán e Pedro Brei. Coa súa chegada a Lestedo, tamén se une ao grupo un indiano adiñeirado coñecido polo señor Sinde. A subida dende a aba de poñente foi realizada a pé, por aqueles tempos era a única forma de acadar o cumio, por carreiros costentos acadaron a fonte do santo, na actualidade desaparecida do seu enclave centenario. Seguir lendo Castelao no Ilicinio
Verán de ausencias
Xosé Manuel Lobato. A todos aqueles que o tempo nos deixou profunda pegada, posiblemente debemos considerarnos uns afortunados, pois estamos próximos a esa navegación pausada no limbo, mesmo somos capaces de renunciar a un reloxo extremadamente esixente. En definitiva, somos quen de camiñar paseniño e de costas á insultante intransixencia espazo-temporal. Dilatado esforzo para fornecer madeira que acada a nobreza en puro cerne, detrás desta transformación existe un proceso de loita continuada contra pragas, epidemias, pestes e un remuíño de efectos nocivos, mais lograr sobrevivir a tanto andazo achega unha especial bagaxe de enriquecemento que potencia a capacidade dun pensamento libre sen os efectos dos funxicidas.
Onda finada
Xosé Manuel Lobato. A grande inmensidade oceánica latexa sostida polas afogadas inspiracións dun mergullo bambeante entre a desesperanza e a incerteza. Desacougo no chiscar do faro, a súa pausada ollada navega nas bágoas do pasado apresadas no museo do mar de Fisterra. Seguir lendo Onda finada