Xosé Manuel Lobato. Cada recuncho de Galicia é un pequerrecho verxel, auténticos paraísos de fantasía en ebulición, dinámicos e únicos. Biótopo e biocenose formando ecosistemas ben definidos e diferenciados, a vida neste medio para o ser humano resulta idílica na teoría, pois son lugares que por si mesmos espallan forza a calquera espírito. Seguir lendo Demócratas exiliados
Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato
Salgueiro na procura de regueiro
Xosé Manuel Lobato. A riqueza acuosa de Galicia non admite discusión. Mananciais con son, entoan a canción multitudinaria dunha terra que posúe un numeroso e bulicioso caudal acuoso, co seu propio sistema de circulación interior.
No exterior, os percorridos fluviais atraen e recompensan case sempre as expectativas máis esixentes, en calquera das súas manifestacións. Este país dos mil ríos supera con xenerosidade este número se falamos deses espectáculos e manifestacións espontáneas; caldeiras, cadoiros, chusmiallos, remuíños, remansos,… dos que podemos gozar en calquera río ou regato. Seguir lendo Salgueiro na procura de regueiro
Novas do alén
Xosé Manuel Lobato. Desconfiado e desilusionado coa sociedade que tentou oprimilo de maneira constante, foi proclamando con constancia as súas crenzas, absolutamente convencido. Só se pode acadar o benestar individual dende o alicerce do benestar colectivo. Unha vida observando queimado polo tempo e frustracións propias da especie, agora que xa mora ao outro lado da liña, contempla atordado os noutra época contemporáneos, espidos de principios. Seguir lendo Novas do alén
Raiar do sol
Xosé Manuel Lobato. Nestas datas censuradas de agosto polo capricho atmosférico, permanece latente no maxín esa luminosidade que é propia de Galicia. Lucernas no amencer que relocen nas rías, son as bágoas salgadas de tantas personalidades orfas, que moran e iluminan as augas competindo coa estrelada e a luada. Seguir lendo Raiar do sol