Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Restos do Precursor

pasatempo 1Xosé Manuel Lobato. Ramiño de oliveira que chega no fardel da mensaxeira pomba, ramallo conquistado no oliveiral e que viaxa sen desmaio no baúl do emigrante, mais o seu derradeiro obxectivo é acougar na finca dese procurador de oportunidades despois do retorno definitivo.

Accións as anteriores, arroupadas e disfrazadas posiblemente para disimular a gran carga emocional do desarraigamento. Ese arraigamento na terra permanece nesa inseparable ramiña de oliveira. Seguir lendo Restos do Precursor

Pantasma nos Ancares

pita do monte 1Xosé Manuel Lobato. Non é unha situación nin acontecemento estraño, coma sempre por esta época chegou a branca pureza, amosando a súa fidelidade nos cumios dos Ancares, os altos do Mustallar ou Tres Bispos reciben cun aceno de complicidade as numerosas refoladas.

Adquire esta serra unha presenza maxestosa co seu branco resplandor, unha imaxe que irradia ventura e conquista, atraendo coma un imán nun estadio de neurótica paixón. Seguir lendo Pantasma nos Ancares

De sempre, para sempre

fervenza 1Xosé Manuel Lobato. O Ézaro atesoura varias connotacións, significa vitalidade, enerxía explosiva, un senlleiro torrente de colorido que reverbera nun halo gasoso dende un epicentro de branco almafí de escuma efervescente.

O río Xallas viaxa por sendeiros diversos, dende a súa nacenza no monte Castelo ten unha infancia feliz, mais axiña encontra con todo tipo de dificultades, excéntricas e retorcidas, no seu camiñar tropeza coa represión do ousado humano nunha ladaíña de encoros irracionais e alteracións contaminantes. Seguir lendo De sempre, para sempre