Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Babuxa, arte buliciosa de Galicia en Compostela

santiagoXosé Manuel Lobato. Enchoupada e impregnada abre as súas fiestras Compostela a un día outonal, persistente chuviscada sobre a cidade pétrea, a difusa luz dos farois realza e destaca con elegancia o enredo centenario das misteriosas gotiñas, fráxiles e lixeiras nas gadoupas do ar, mesmo semellan insignificantes a título individual.

Sobre o escenario dos mitos e soños místicos, dous protagonistas inmorredoiros, auga e pedra, entes sublimes na súa condición innata de persoeiros senlleiros e sen parangón, nunha actuación imprescindible para Compostela. Seguir lendo Babuxa, arte buliciosa de Galicia en Compostela

Solitario solista

estorninoXosé Manuel Lobato. Xa estamos no outono, os días encollen e as noites estiran cada vez un pouquiño máis para gozar das friaxes. Mais a claridade que asoma por entre as nubes prateadas que viaxan…

De curoto en curoto, a tombos, rodan as apromadas nubes da tormenta, i os bruxos estorniños, enloitados, raian nas néboas brancas, abafantes os misteriosos circos dos conxuros.

Bandadas de estorniños excitados sobrevoan sen rumbo tentando ser o alicerce que sosteña a tanta nube sobrecargada e conxestionada. Seguir lendo Solitario solista

O coruscar da moreniña

moreniñaXosé Manuel Lobato. Alborexar diario. Baliza de Rianxo,/bailarina excelsa. Cénit místico,/cantora da marusía./Deusa na morada,/dama venturosa. Enxoval presente,/espírito agarimoso. Frescor inten-so,/fascinación constante. Gnose glosa-da,/gamela segura. Honesta sensibili-dade,/halo luminoso. Icona senlleira,/in-tercesora fiel. Kyrie harmónico,/Kharxa pretérita. Labieira singular,/loa fascinante. Marabilla celeste,/murmurio da ondada. Nai idílica,/natura sorprendente. Seguir lendo O coruscar da moreniña