Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Abalar cadrís

abalar 1Xosé Manuel Lobato. Incansable baile das ondas na superficie do mar, unha esgotadora danza para milenios de adoración e veneración ao seu gran referente, un embruxo pétreo de intensa atracción que emerxe das pedras dos cadrís, namorar e abalar.

Resoar, un abrupto bruar que foxe subitamente dende a profundidade, terror de escuridade inquedo, transformado en harmónica e agradable sensación coral dun espírito que entre estas pedras se converte en único por excepcional. Seguir lendo Abalar cadrís

En Gres

gresXosé Manuel Lobato. Comezo moi de mañanciña unha ansiada visita por unha acolledora paraxe, o meu destino o lugar de Gres no concello de Vila de Cruces. Coas primeiras luces da alba cruzo esta ponte histórica, ponte medieval onde os franceses foron rexeitados en 1809 na batalla de Ponte Ledesma. Sobre tan histórico e fermoso monumento pétreo camiño devagar; admirar, cavilar e reflexionar, estou nun deses lugares axeitados para desenvolver tan necesario exercicio. Seguir lendo En Gres

Referencia sólida

pico sacro 1Xosé Manuel Lobato. O Pico é esa atalaia dende a que a realidade semella ficción, o seu cumio érguese sobre o val do Ulla ata unha altitude de  máis de cincocentos metros.

O monte ten un don de beizón para calquera propósito, unha referencia que se adapta a intereses de toda índole, por iso permanece na historia por diferentes episodios acaecidos nos que o gran protagonista foi o Pico Sacro. Seguir lendo Referencia sólida

De par en par

anduriña 1Xosé Manuel Lobato. Ampla estancia situada no primeiro andar da centenaria casona, lugar de excelsa luminosidade e tránsito obrigado, dende a parte baixa o acceso era unha escaleira de pino sobre a mellor corte, dez repousadas escaleiras e aquel salón saudaba orgulloso e acolledor a calquera que o visitase, ben de paso para acceder a cuartos ou faiado ou para quedar e gozar do seu enclave tecido dun halo de fortuna e vitalidade. Seguir lendo De par en par