Xosé Manuel Lobato. (Pregúntasme pola miña fuxida/e respondo que estaba ferida… Diana Pastoriza). No pórtico outonal/o solista rexeita a coral,/para dende o seu altar/ensaiar sen cesar.// Nas lembranzas, no recordo profundo e intenso, no meu maxín danado, permanece latente o ritmo acompasado e por veces afinadiño da festa.//Dende o seu pedestal/sonoriza todo o val,/goza da súa soidade/afeito á comunidade.//Por iso, dende este afastado e inmenso Lugar, quero compartir con todos vosoutros, rianxeiros e rianxeiras (na miña experiencia vital, efémera adopción) a miña memoria festeira.//Visible elegancia/brillante arrogancia,/para interpretar con paixón/o que latexa no corazón. Seguir lendo Dueto para crianzas
Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato
A estrada da vida

Xosé Manuel Lobato. Percorrendo devagar… este tapiz floral, que se deixa engaiolar nunha sedución de rechouchíos, e mesmo no alborexar transforma esas carballeiras de maino zoar en improvisado auditorio. Variedade no ansioso trino, necesitado de conquistar unha parella para como alados danzar. Seguir lendo A estrada da vida
Acordes vogando no ar
Xosé Manuel Lobato. Coñecer, transmitir e amar, tres verbas nun remuíño centrípeto en magnánima inspiración, que se mecen harmoniosas no vizoso berce poético de Xosé Luna. Un barrelo que navega na ondada oceánica, abalando e devalando acada a nosa terriña para bambear, mentres maxina ás para dende o aire compartir. Desexando acougar preto da Lúa e, ollar o firmamento na procura dun ronsel de amoríos.
Soñado pentagrama poético impregnado de profunda e intensa admiración pola vida e a nai natura, suxestivas composicións para ser musicadas e interpretadas baixo o coruscar de fuxidíos luceiros do amencer. Seguir lendo Acordes vogando no ar
Andoriñas
Xosé Manuel Lobato. Ausencias con pe-gada, reliquias que seguen na mente e non deixan de estar presentes, malia a súa desa-parición. Turvisco ou matagaliñas, érbedo dos licores, xilbarbeira, estriperio… Todas elas unha dádiva na realidade dos nosos an-tepasados e, hoxe no maxín dun que outro soñador fantasioso ou incansable explora-dor, na procura de escasas e raras xoias esmorecidas coma as furtivas esmeraldas dese colar formado polas diminutas gotas de orballo que no amencer se entrega con sixilo nos acaparadores raios solares. Seguir lendo Andoriñas