A estrada da vida

La Voz de Galicia
La Voz de Galicia

Xosé Manuel Lobato. Percorrendo devagar… este tapiz floral, que se deixa engaiolar nunha sedución de rechouchíos, e mesmo no alborexar transforma esas carballeiras de maino zoar en improvisado auditorio. Variedade no ansioso trino, necesitado de conquistar unha parella para como alados danzar. Acaso esta necesidade de musicar non é un denominador común na maioría de seres vivos? Seguro que as persoas, en grande número, posúen esa debilidade e sensibilidade para con acordes rítmicos e afinados, e ante a musicalidade dunha ultreia somos quen de traspasar o pórtico do real e singrar en mares de embriagador feitizo.

Noites de luarada na coral estrelecida, que despois do solpor, e na procura da hora embruxada, queren escoitar ese amenizar dunha terra ansiosa do seu mar, de constante bicar.

Terra e mar, Na estrada da vida, o canto dual de Xosé Luna e Manoele de Felisa, nun traballo que emerxe dende o mimetismo de dúas personalidades que se complementan con ideal perfección nun obxectivo común.

O mar de Manuel Antonio, ese poeta que deixou a súa pegada rítmica nunha marusía recollida en Guimarei polo poeta-escritor Xosé Luna. Mais ese océano asolagou terras de Cuntis, a vila das termas, no lugar de Piñeiros, onde a voz de Manoele de Felisa emerxe coma un repenique entre o abalo e o devalo, en temas con intenso arrecendo de argazo. En A rosa dos ventos e Un bico no faro.

Estamos ante un disco-libro, con 14 temas, de diferentes estilos, mais cunha orixe común, amor á vida en todas as súas manifestacións. Unha paixón que se irá espallando por calquera recuncho en forma de concertos por esa Estrada da vida, preparada para acadar o favor de calquera persoa con sensibilidade de barrelo, sons harmoniosos estimulantes de ilusións na portela da felicidade.

Un comentario en “A estrada da vida

  1. Solamente puedo decirte, que cada día te superas, José Manuel. No sé como me atrevo a contestaros dada mi precariedad con la ortografía. Pero mirándolo desde otra perspectiva, vosotros os entretenéis poniendo y sacando comas de mis comentarios y rectificando mentalmente mis errores, y yo disfrutando de lo que cada uno de vosotros aportáis, como por ejemplo lo de hoy.
    Preciosa como siempre tu entrada, Lobato.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *