O bigote de Menjou

adolphemenjou6x8Fidel Vidal. A historia amósanos un catálogo variado de mostachos que funcionan como auténticos identifi-cadores persoais. Lembremos os de Stalin ou Pancho Villa, e os gloriosos de Nietzsche, Flaubert e Mark Twain; e bigotes espectaculares estilo Dalí, ou ridículos coma o de Hitler; de respecto sen estriden-cias, Pessoa, Joyce, Faulkner, ou rotundos sen presunción como Freddy Mercury. O cine tamén conta cunha longa lista: Fu Manchú, Charlot, Groucho Marx, Cantinflas, Clark Gable, Errol Flynn ou Charles Bronson.

A palabra bigote quizais veña do alemán, da exclamación “bei Gott!” ou “bi Gott!”, “por Deus!”, aquel que xura e blasfema, que di o nome de Deus en van. Expresión que se usaba ao tempo que se arranxaba o mostacho, do latín mostaccio, variante de mustacchio e este do grego bizantino moustákion, ou mystakos, labio superior.

Das habituais referencias a bigotes máis famosos da pantalla non aparece sinalado o nome de Adolphe Menjou (Adeus ás armas, Sendeiros de Gloria). A este actor (ao seu bigote) que cabalgou entre o cine mudo e o sonoro, Luis Buñuel dedicoulle un artigo, “Variacións sobre o bigote de Menjou” (Escritos de Luis Buñuel, Páginas de Espuma, 2000).

As verdades cinematográficas non forman denominador común coas da literatura e o teatro, afirma Buñuel. “Por que se obstinan en pedir metafísica ao cinema e non recoñecer que nun filme ben realizado o feito de abrir unha porta ou ver unha man –gran monstro-, apoderarse dun obxecto poden encerrar unha auténtica e inédita beleza?” Os espaventos e os grandes xestos están de sobra no cine: “Pola maneira de abrir un paraugas ou polo de parar un taxi, atreveriámonos a designar nunha multitude a persoa mellor dotada para actuar nun filme”.

8d8891b0338f52c33b0d1c6c0c115e30Que foi o que viu o director de Calanda no bigote de Menjou? “É un tópico afirmar que os ollos son o mellor vehículo para chegar ao fondo dunha personalidade. Do mesmo xeito poden selo uns bigotes coma os seus”. Un tímido xesto, un sorriso deste actor, alcanza tal nivel que o compara con Proust, “unha páxina de Proust, realizada co labio superior, unha silenciosa, pero completa lección de ironía”. Mesmo un bigote sedutor celebrado polas actrices da época. “As stars cinematográficas dixeron do seu bigote é talvez o único que non pica ao bicarnos. Pola contra, produce un formigo delicioso e inconfesable, moi apreciado por nós”.

Mais o bigote tiña un defecto non apreciable no cine en branco e negro. “O intolerable en Menjou é que o seu bigote non é negro como pensabamos, senón avermellado, azafranado, desvergonzadamente terroso”. E o seu nome pasou á historia por ter sido un dos actores que, con Ronald Reagan, Gary Cooper e Robert Taylor, entre outros, colaborou activamente co Comité de Actividades Antiamericanas do Congreso presidido por McCarthy. Sentíase entusiasta e orgulloso da persecución, declarándose “un acusador de roxos; son un cazador de bruxas se as bruxas son comunistas”.

4 comentarios en “O bigote de Menjou

  1. Tienes razón Fidel, al comentar la rapidez y destreza, que tienen los actores en sacarse la ropa, corredor adelante camino de la piltra. Llego a pensar que hay truco. Vosotros sabréis mejor que nosotras. No, no cuentes. Creo que ya sé el secreto: disponen de un ensayo previo. (sonrío) Respecto a los bigotes: qué puedo decir…? Nunca me han atraído los hombres con bigote, y mucho menos con esos grandes “mostachos” a lo Groucho Marx. Le parecía un cepillo de la ropa. Y que nadie se dé por aludido, ¡por favor! Me ha gustado la “selección” de bigotes, que has hecho, de esos grandes y célebres personajes. Mis saludos

  2. A veces resulta más sensual ver como se la ponen.
    Es una pena que no sepa meter aquí un emoticón partiéndose de risa, tal como yo estoy en estos momentos después de leer tu respuesta.
    Tu sugerencia gimnástica LA TOMO COMO TAL.
    Besiños palmeiráns moi cariñosos.

  3. Querido Fidel:
    Creo que con este tema puedo explayarme un poquito más en la contestación, al ser el bigote un complemento del físico, creo que me irá mejor que con otro metafísico.
    Bueno, en primer lugar te diré que mi padre era bajo de estatura (de ahí su hija) y su físico tampoco era el de Cary Grant, pero tenía una fotografía con bigote, que al citado galán no le negaba pares. Es que el bigote, imprime carácter… en la cara.
    Interesante lo que cuentas sobre el significado, “bi Gott”, “¡ por Deus!” al tiempo que se componían el mostacho. Muchas de las expresiones que utilizamos ignoramos su procedencia y significado, y recuerdo que una de ellas cuando la leí, me llamó la atención y la anoté. Seguro que tú ya la conoces, es esta: Se dice que los romanos se apretaban los testículos cuando tenían que decir la verdad en un juicio, de ahí la palabra TESTIFICAR. Curioso ¿verdad?
    De Menjou ya no me acuerdo y eso que esas dos películas “Adiós a las armas” y “Senderos de gloria” las he visto, pero hace ya tantos años…
    ¿ Es un tópico afirmar que una mirada es un buen vehículo para llegar al fondo de la personalidad del que la posee ? no lo sé, pero a Clark Gable yo catalogaría más su personalidad por su mirada, que por el bigote. Y la mirada de Bogar… ¡ imponente !
    Pero ahora voy a decirte algo que seguramente a los hombres os pasa desapercibido, es tan sencillo como el gesto de ponerse una camisa. ¿ Has visto a alguien ponerse una chaqueta o una camisa con la elegancia de Kirk Douglas ? como decía el torero: In- presionante. Cuando veas algunas de sus películas, fíjate que bonito se viste.

    LIGAR ES SER ÁGIL
    Besiños palmeiráns, querido Fidel.

    1. A min, miña querida e atenta Magdalena, o que sempre me asombrou, e segue a acombrarme, é a rapidez e habilidade con que se quitan a roupa, corredor adiante, os amantes camiño da cama. En todas as películas. Nunca fallan. Envexa, seino.
      A NATA NO SON ATANA
      Saúde e exercicios ximnásticos sen esgotarse.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *