Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Incredulidade ou ficticia realidade?

hombra-a-caballo-acuarelaXosé Manuel Lobato. Sempre é agradable regresar a lecturas que permanecen na ancestral memoria a longo prazo. Os recordos da obra de Carlos Casares, homenaxeado neste 2017 polas letras de noso, non permite entrar no limbo do esquecemento a este autor, por iso volvín a reler parte do seu inmortal traballo. Impacto e sorpresa de dimensións extraordinarias cando releo o artigo publicado o seis de agosto de 1995, intitulado; Entre a bondade e a xustiza. Neste fermoso texto; Casares relata o facer dun estraño persoeiro nas feiras de Xinzo que se celebraban os días 14 e 27 de cada mes. O vate limiao expresábase nos seguintes termos: Seguir lendo Incredulidade ou ficticia realidade?

Do alborexar atemporal

pico1Xosé Manuel Lobato. 6 horas 22 minutos 37 segundos… Superado o solsticio de verán e a acostumada preguiza, como cada amencer do 24 de xuño, seguindo a tradición dos meus antepasados procuro ansioso o cumio do Pico Sacro. Máxima excitación agardando ese intre, breve máis intenso, único sen par, só para soñar e gozar do solnolento bailar. Seguir lendo Do alborexar atemporal