Incredulidade ou ficticia realidade?

hombra-a-caballo-acuarelaXosé Manuel Lobato. Sempre é agradable regresar a lecturas que permanecen na ancestral memoria a longo prazo. Os recordos da obra de Carlos Casares, homenaxeado neste 2017 polas letras de noso, non permite entrar no limbo do esquecemento a este autor, por iso volvín a reler parte do seu inmortal traballo. Impacto e sorpresa de dimensións extraordinarias cando releo o artigo publicado o seis de agosto de 1995, intitulado; Entre a bondade e a xustiza. Neste fermoso texto; Casares relata o facer dun estraño persoeiro nas feiras de Xinzo que se celebraban os días 14 e 27 de cada mes. O vate limiao expresábase nos seguintes termos:

Ás feiras da miña vila,… viña sempre un señor alto e groso, con pinta de home bravo, que chegaba nun fermoso cabalo negro de gran alzada. Entraba pola vila a paso de andadura coa cabeza erguida, o sombreiro posto e un enorme xaruto fumegando na boca. Despois víase…

Casualidade ou paradoxal, mais nas miñas lembranzas da nenez percibo nitidamente aquelas feiras de Lestedo, citas mensuais para os 13 e 26 de cada mes. Sorprendente e insólito é ese persoeiro que menciona no seu artigo Casares, paradoxal casualidade, pois nesas feiras da miña infancia tamén era habitual un home que non deixaba indiferente a ninguén.

O aludido chegaba dacabalo de branco percherón, unha estampa de elegancia impresionante, vestiario, montura e recendo eran un convite á admiración de todos os presentes.

Ante a dúbida que provocou na miña caótica memoria tan significativa coincidencia, cheguei a vincular ambos persoeiros nunha mesma persoa, esa que feireaba sen abandonar xamais a súa montura ata que abandonaba o campo feiral en dirección o cumio do Pico Sacro.

botero2Todos os contemporáneos da época coñecían os hábitos da dual parella, espertaban admiración, no cumio do encantado monte provocaban a dúo posiblemente os sons do medievo, aturuxar brincando no ecoar e relincho para o pincho.

Porén a odisea de ambos os dous non remataba na interpretación sonora, o xinete descabalgaba e, coa súa brillante espada, batía con ardor sobre a parte máis elevada do Pico Sacro mentres o cabalo escaravellaba.

Ritual ou non, ambos os dous coma un só ente sobrevoaban nunha aperta o cumio e, abandonaban o monte dirección sur, tantas coincidencias espertan en min a hipótese de que ese misterioso persoeiro era o mesmo que chegaba cada 14 e 27 as feiras de Xinzo. Aínda que o do cabalo non ten moita explicación, ou quizais é clarificador a nota de cor, branco en Lestedo e negro en Xinzo.

Un comentario en “Incredulidade ou ficticia realidade?

  1. ¡ Tal vez era negro… igual que el caballo blanco de Santiago !
    Un besiño irisado. Del blanco y negro, sacamos el gris, yo te lo mando con una nota de color, igual que tu artículo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *