Miguel Mariño. A autora de Ariel e A campá de cristal, a poeta Sylvia Plath, morta aos trinta anos, fixo varios relatos e poemas para cativos, que non viu editados en vida. Agora, “Libros del zorro rojo” publica El libro de las camas, un divertido e imaxinativo poema para nenos, coas ilustracións de Sir Quentin Beake, en tradución de Marcial Souto. Unha fermosa edición boa para as datas de Nadal. O tradutor logra en xeral manter a rima, sen perder a graza do poema, poema que a partir da cama, do leito, xoga coa fantasía coma os nenos, co absurdo, coa vitalidade en 50 estrofas. Sylvia comentou esta obriña no seu Diario, dicíndonos que elixiu dez camas enxeñosas e fixo a obriña sen parar. Seguir lendo No leito con Sylvia Plath
Arquivo da categoría: Miguel Mariño
Entre Beckford e Schwob. A arte contemporánea
Miguel Mariño. Edita Malpaso un libro de William Boyd, Nat Tate. El enigma de un artista americano (2014). Escribo libro porque é difícil clasificalo nun xénero determinado: biografía? falsa biografía, ficción? Quizais, superchería. Unha aposta que ten unha longa tradición que parte das Memorias biográficas de pintores extraordinarios (1780) e que pasa polas Vidas imaxinarias de Schwob, que son libros de cabeceira de Borges e orixe dalgunhas das súas ficcións.
A biografía sufriu un grande cambio no século XX dende que Symons publicou En busca del Barón Corvo, unha peza que conta cómo se fai unha biografía, cómo se “busca” unha vida. Logo virán as anovadoras propostas de V. Woolf, L. Strachey, B. Jarnés ou André Maurois. Seguir lendo Entre Beckford e Schwob. A arte contemporánea