Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

A inutilidade do G-20

simpsons--644x362-ksBC--620x349@abcFrancisco Ant. Vidal Blanco. Vinte contra un e ganou o un por goleada. Nada de cambio climático e toda a protección para as súas empresas. Igual ca con aquel amigo da nosa infancia, que por ser dono do balón escollía xogadores, era o adestra-dor de propios e contrarios e o único árbitro con decisións inapelables, o señor Trump impón as súas regras e todos se axeonllan. Seguir lendo A inutilidade do G-20

Retratos reais

retratFrancisco Ant. Vidal Blanco. Un retrato é algo máis ca calcar unha imaxe. A expresión do retratado, o entorno, a relación entre as personaxes dentro dun grupo, fala máis deles ca se lle saen as engurras da idade ou as olleiras dunha noite de esmorga. E se o retrato é para testemuñar un feito histórico, non se pode limitar a ser unha instantánea sen máis, necesita desas outras formas e xestos que o engalanan. Seguir lendo Retratos reais

Cunchas sen desperdicio

cunchasFrancisco Ant. Vidal Blanco. Entre as moitas aplicacións das cunchas de vieira, están a de servir tanto para palmatoria coma para cunca. Lembrade aquel refrán recollido por Zamora Mosquera: «Os de Palmeira e Santa Uxía de Ribeira, beben o viño pola cunca da aviñeira». Pero sen dúbida, quen máis beneficio lle sacou foi a Santa Sé compostelá, que despois de aproveitarlle o de dentro para manxar dos seus señores, era usado o envoltorio como certificado de peregrinación. Seguir lendo Cunchas sen desperdicio

A función da lectura

lectura1Francisco Ant. Vidal Blanco. Saín un pouco triste do club de lectura ó que pertenzo, porque a análise literaria estendeuse máis aló dos recursos e técnicas narrativas para abrazar a mensaxe social. A tristeza non o foi por descontento, senón pola incomodidade que nos provocou un dos asistentes despois de que nos fixera ver que aquela lectura ambientada na Segunda Guerra mundial estaba falándonos do presente e retratando o noso desleixo. Seguir lendo A función da lectura