Francisco Ant. Vidal Blanco. Nunha aldea do concello de Leiro, hai un bar ó que alguén lle chamou o bar dos ricos, porque alí todos beben e só paga un. Non sei se non o dirían por sorna. O lugar non é máis ca unha taberna de chan térreo, con dous bocois por mesas e unha barra da altura do peito dun home, libre de billas e ameada de vasos, cuncas, xerras e botellas, detrás da que un señor de gardapó azul Seguir lendo O bar dos ricos
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
Amor e interese
Francisco Ant. Vidal Blanco. Hai un tipo de mono no Brasil que liga usando unhas pedras como ferramenta para cascar noces, co que atrae a atención das femias que quedan máis engaioladas coa súa habilidade ca cos seus atributos anatómicos. Porque esa maña dálles a seguridade de saber que, coa tal habelencia, o machote sempre terá algo que ofrecerlle, aínda que só sexa o contido duns froitos secos. Seguir lendo Amor e interese
Noruegueses de Noruega…
Francisco Ant. Vidal Blanco. Está moi ben que o retrato de Rosalía vaia estampado na popa dun avión de Norwegian. Pero non me cadra. ¿Que conseguen ou pretenden? Pode quedar moi bonito, e ata pode haber quen o considere un acto de recoñecemento galeguista universal, pero se o pensamos ben ¿cantos van fixarse nesa foto trucada nun avión estacionado ou a tres mil metros de altura? Seguir lendo Noruegueses de Noruega…
Regras e condicións
Francisco Ant. Vidal Blanco. Xulio nunca aceptou que ninguén, por nacer aquí ou aló, baixo a influencia de determinado astro, pedra, árbore ou día do ano, estivese máis ou menos propenso a desenvolver as habilidades de ciencias ou de letras. Para estes casos Xulio cre máis na influencia das persoas do entorno. Daquela eu, por ver que opina, cóntolle de certo lugar onde aínda se conservan uns petróglifos con figuras cruciformes, arredor dos que as lendas falan dunha tendeira que ofrecía as cousas máis marabillosas do mundo Seguir lendo Regras e condicións