Francisco Ant. Vidal Blanco. Mi tía María chegou toda escandalizada, porque na misa da tarde á que acostuma ir, o señor cura preguntou se ían comulgar moitas persoas, e como ninguén respondía o home aclarou que lle quedaban poucas Hostias e necesitaba saber cantas, máis ou menos, tiña que consagrar. Seguir lendo Unha mala palabra
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
Lástima de bois
Francisco Ant. Vidal Blanco. Se botamos contas e comparamos as persoas que morreron o verán pasado por non levar o cinto de seguridade e os que morreron por asta de touro, será doado concluír que lle hai que cortar os cornos ós touros. Claro que, isto non se pode facer, porque os defensores da mal chamada festa nacional non o permitirían. E así como polo ben das aseguradoras (¿ou era dos viaxeiros?) é obrigatorio o cinto de seguridade, non se entende que non se lexisle contra os que se enfrontan ós touros sen outro motivo ca facer o espectáculo, poñendo en risco a propia vida e a dos da súa colla que, atraídos pola euforia festeira, van ó perigo sen medir as consecuencias. Seguir lendo Lástima de bois
Un molete de pan
Francisco Ant. Vidal Blanco. Por moi pouco cristiá que pareza a frase, a verdade é quen non só de pan vive o home, que outras cousas e alimentos son necesarios para ben do corpo e do espírito, e así nolo dicía, preparando unha entrevista sobre a historia viva do país, unha señora de Bergantiños, falando sobre esas lembranzas que a xente de máis idade garda e necesita contar. Seguir lendo Un molete de pan
Crítica e comentario
Francisco Ant. Vidal Blanco. Estoutro día, asistindo a un funeral, Xulio sentiuse transportado a aquilo que narra Castelao nas memorias dun esqueleto, cando no adro da igrexa se asistía ó informe semanal da veciñanza para falar do tempo, do mercado ou da pesca, pero este día, mentres agradaban a chegada do cadaleito, as conversas eran moito máis globalizadas e opinábase, sobre todo, sobre o desastre da Selección de fútbol, con voces algo máis altas do que a prudencia do momento pedía, centrando o debate en quen fixo mellor papel, se os do Barça ou os do Madrid (de Nolito, o do Celta, ninguén se lembrou). Seguir lendo Crítica e comentario