Francisco Ant. Vidal Blanco. Se botamos contas e comparamos as persoas que morreron o verán pasado por non levar o cinto de seguridade e os que morreron por asta de touro, será doado concluír que lle hai que cortar os cornos ós touros. Claro que, isto non se pode facer, porque os defensores da mal chamada festa nacional non o permitirían. E así como polo ben das aseguradoras (¿ou era dos viaxeiros?) é obrigatorio o cinto de seguridade, non se entende que non se lexisle contra os que se enfrontan ós touros sen outro motivo ca facer o espectáculo, poñendo en risco a propia vida e a dos da súa colla que, atraídos pola euforia festeira, van ó perigo sen medir as consecuencias.
Non era doado en Roma, nin aquí, nin na Inglaterra antirraposos, como tampouco foi doado deixar de tirar as cabuxas dos campanarios ou coller o galo pendurado dun pao ata arrincarlle o pescozo nalgúns lugares da nosa terra. As salvaxadas veñen de antigo e non son doadas de erradicar, como tampouco o é esa que inventou o duque de Lerma, o valido de Felipe III, quen, para divertir ó rei e ós súbditos inventou a sorte (¿sorte para quen?) do touro despenado ou enmarramado, consistente en cerrar a praza de Lerma por todos os lados agás polo que daba a un barranco, de maneira que os mozos, capote en man, ían levando ó touro ata uns cortinóns detrás dos que se agochaba o fatídico barranco polo que se despenaba o animal. Tal era a crueldade daquel espectáculo, que na época circulou unha carta manuscrita solicitando que se prohibise, e o duque, sen asomo de rubor, xustificábase, que el non lle mandaba ó touro tirarse, que era o touro que se deixaba enganar.
Cartas contra as corridas de touros e manifestacións de todo tipo houbo ó largo da historia. Eu mesmo, hai uns anos, atopei entre uns libros que se gardaban nunha corte da Barbanza, cheos de humidade e roídos polos ratos, unha carta manuscrita que no século XVIII andaba polas parroquias, para ser lida nos sermóns dominicais contra as corridas de touros.
A pregunta que nos fai Xulio é cantos beneficios deixa unha festa como esa das touradas e a quen, para que se defenda como Festa Nacional algo que non é máis ca unha matanza con tortura e rexouba.
Hola Francisco, desconocía la historia del toro despeñado, y con tristeza veo las barbaridades que se han cometido y continúan cometiéndose con los astados hoy en día.
Hay tantos intereses creados en la mal llamada Fiesta Nacional… Se mueven tantos millones que no permitirán nunca que esto se acabe. Es tanta la crueldad que yo no me explico como puede haber gente que se siente a ver una corrida ante el televisor y mucho menos en un coso taurino, pero, el mismo Rafael ” El Gallo ” decía : – Hay gente pa tó.
Efectivamente , hay gente para todo.
Besiños palmeirans