Galicia e os galegos na poesía castelá XL. Miguel de Unamuno

unamunoRomán Arén. Foi ambigua e non sempre feliz a relación de Unamuno con Galicia, con ataques á nosa lingua e críticas a algúns aspectos dos galegos. Estivo no noso país en 1903, no que falando na Coruña da nosa poesía, “regional”, “me parece quejillona unas veces, y burlona otras” e “suele tener la astucia del medigo”, pero ese mesmo ano escribiu un artigo, “Por Galicia”, onde gaba a tolerancia e amplitude de criterio das cidades galegas, nota certo exceso oratorio, intelixencia e enxeño sutil, comprende o humor galego (“la burla gallega es un consuelo y una defensa, es una rebeldía”). En 1912 estivo en Pontevedra, onde gabou a Rosalía, considerando que o resto da nosa poesía só ten dúas notas: a elexíaca e a satírica. Ese mesmo ano publicou o artigo “Santiago de Compostela”, de novo centrado en Rosalía e onde suxire que o sepulcro do Apóstolo é o de Prisciliano. Publica ademais, en 1912, o artigo “Junto a las Rías Bajas”, lembrando a Rosalía e Curros (o que censura, cualificándoo de “tendencioso” e “lamentable”), atópanos susceptibles, panteístas e febles. Xa en 1917, editada “En las orillas del Sar”, sobre o libro rosaliano, que atopa admirable e que manifesta o seu espírito persoal, non galego, nese libro castelán. Nas Cortes de 1931 quéixase das nosas queixas, de que non é certo que nos tratasen mal e outras lindezas peores. Foi amigo de Emilia Pardo Bazán, de Valle, de Said Armesto e de García Martí, pero o máis interesante é a nosa poesía que Galicia lle inspirou; entre eles “Santiago de Compostela”:

Santiago de Compostela,/lluvia en las losas, en el cielo/de piedra, y las piedras santas,/cielo románico y céltico.//Embozo de lluvia mansa/y terca, dulce consuelo,/llora riendo y se ríe/con tonada de gaitero.//Prisciliano y Rosalía,/morriña y botafumeiro;/cuenta leyendas remotas/con sus conchas el romero.//La muiñeira en la verdura/del arrabal solariego;/el Pórtico de la Gloria/abre su pecho gallego.

O poema escribiuno en Hendaia, exiliado, en 1929 e editouse en Cancionero (1953), en edición de Federico de Onís, pero tamén aparece nun volume antolóxico en 1961 con gravados de Seoane.

En 1912 publicou un poema en “prosa rítmica” que agora se adoita editar como verso:

El Sar humilde, tras cortina de árboles,/sus aguas cela,/cantando de la dulce Rosalía/cantos de amor y queja,/y en honda cama de granito para/el Sil asceta.

Cátedra editou o primeiro en Poemas de los pueblos de España (1982).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *