Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

Libros e gustos

hitlerFrancisco Ant. Vidal Blanco. Non todos os compradores de libros son lectores nin todo o que gardamos nos andeis cumpre cos nosos gustos, pois os libros non sempre se compran por interese, senón tamén por curiosidade. E aínda a máis sabemos que non todos osbest sellers que devoramos son obras de calidade nin todas as obras de calidade teñen éxito, e é que nisto da compra de libros ademais dos gustos e a curiosidade tamén entra o coleccionismo. Sorprendeume en certa ocasión unha entrevista coa especialista en literatura infantil e xuvenil de «The Guardian», Julia Eccleshare, dicindo que J. K. Rowling, a autora de Harry Potter, non ten un bo estilo literario. Outra proba máis de que os gustos da maioría non sempre son compartidos. Seguir lendo Libros e gustos

A sinatura

sinaturaFrancisco Ant. Vidal Blanco. Por fin, despois dunha licenciatura e tres másters, de sacar o C2 de inglés e o B2 de francés e tras redactar non sei cantas ducias de solicitudes de traballo, Celso pasou o exame de actitude, o test psicolóxico e a entrevista persoal para a que estreou o primeiro traxe con garabata a xogo da súa vida, só para causar boa impresión.  Seguir lendo A sinatura

O castigo máis idóneo

castigo2Francisco Ant. Vidal Blanco. Aínda pesa na conciencia de Xulio unha ameaza que lle fixeron certa noite de inverno, cando, sendo neno e revoltoso se negaba a cear e ir para a cama ata que seu pai, con voz moi seria, sen dirixirse a el senón á esposa ameazou, «se segue así, botámolo fóra e que durma cos lobos», e ó momento apagaron a luz e pola fiestra apareceu toda a escuridade do mundo envolvendo a rúa batida polo nordés. Seguir lendo O castigo máis idóneo

Enerxías alternativas

enerxiasFrancisco Ant. Vidal Blanco. Algún día, os veciños de Arteixo estaban orgullosos de contar no seu concello con todo un símbolo do progreso. Era a cheminea da central térmica de Sabón, que producía electricidade queimando gasóleo. Logo viñeron as expropiacións de As Encrobas, e a central de Sabón só se acendía de cando en vez para que a maquinaria non se oxidase Seguir lendo Enerxías alternativas