Francisco Ant. Vidal Blanco. Pola supervivencia da especie humana, di Xulio que habería que empezar a mirar a forma de plantar patacas en chans de plástico. Despois da Segunda Guerra Mundial pensouse que deberíamos chamar a esta época que nos toca vivir a idade atómica, e razóns e xustificacións non faltaban, pero se o pensamos friamente Seguir lendo Terra de plástico
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
A neopicaresca
Francisco Ant. Vidal Blanco. Se Lázaro de Tormes non quixese ser máis listo co cego, non levaría con todo o xerro nos morros, pero daqueles pícaros de antano, algo aprenderon os de hogano. A primeira vez que Lázaro se perdeu foi cando o cego roubaba as uvas de dúas en dúas, e el, para non ser menos tomábaas de tres en tres. E claro, o vello, cego si pero parvo non, decatouse axiña de que o rapaz estaba sacando máis proveito ca el. Ese día Lázaro soubo da importancia do disimulo mentres enchía o papo, e tamén que debía aprender a poñer voz inocente para protestarlle ó cego por ser tan aproveitado, aínda que el seguise comendo as uvas de tres en tres mentres o outro non o vise. Seguir lendo A neopicaresca
Coidado con Trump
Francisco Ant. Vidal Blanco. Cando Donald Trump quere presumir de intelixente faino á conta do seu tío John, poñendo por diante os xenes familiares de quen foi profesor do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e unhas das mentes máis preclaras en enerxía atómica que deu o pasado século Seguir lendo Coidado con Trump
A importancia do nome
Francisco Ant. Vidal Blanco. Desilu-sióname que entre as novas xeracións se estean abandonando os nomes familiares en favor das modas impostas pola televisión ou as modelos de pasarela, esquecendo aquel antigo costume de poñerlle ó fillo máis vello o nome dos avós e ó segundo o do pai. Así, todos coñecemos nenos portadores dalgún apócope en lingua foránea. Seguir lendo A importancia do nome