Francisco Ant. Vidal Blanco. Pois a verdade é que non sei por que un tenista macho debe cobrar máis ou menos ca unha tenista femia. Supoño que cada un terá o seu mérito, e deberá gañar máis quen mellor o fai, outra cousa moi distinta é se eses soldos, fichas e contractos se corresponden co ben social que producen, diga o que diga Djokovic e pense o que pense Florentino ou Messi. Seguir lendo Científicos e deportistas
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
A que o sangue altera
Francisco Ant. Vidal Blanco. Xa estamos na primavera, e arredor dos institutos medran as parellas e desconcéntranse os estudantes. Na primavera debería estar prohibido estudiar fórmulas e chapatorias. Se o ensino se adaptase ós ciclos da vida, nestes meses só se estudiaría poesía pastoril e, como moito, algo de fisioloxía reprodutiva. Pero xa sabemos que ós vellos caducos que deseñan o currículo escolar os sentimentos primaverais quédanlle moi lonxe. E ollo, que como dicía miña avoa, dos bicos e dos abrazos veñen os embarazos. Seguir lendo A que o sangue altera
Unha cuestión de actitude
Francisco Ant. Vidal Blanco. A grata sorpresa desta semana recibina co whatsapp dun veciño en tempada de vacacións e amigo a tempo completo que vive en Murcia, amosándome como a súa nena Alba, que aínda anda nas primeiras letras, é quen de ler un texto en galego coa mesma soltura que se fose na lingua en que se expresa a cotío cos seus compañeiros de escola e familiares levantinos. Seguir lendo Unha cuestión de actitude
Coches autónomos
Francisco Ant. Vidal Blanco. Claro que me gustaría ter un coche sen condutor, deses que van daquí a Madrid respectando os límites de velocidade, adiantando prudentemente, cedendo o paso, parando nos lugares adecuados para que o descansado condutor (ocupante, quería dicir), tome un respiro e estire as pernas Seguir lendo Coches autónomos