Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

O medo non ten nome

gritoFrancisco Ant. Vidal Blanco. Non hai nada máis odioso ca que nos ameacen constantemente con toda clase de advertencias que, pretendendo tranquilizarnos aínda nos meten máis o arrepío no corpo. Tememos un accidente cando collemos o coche, a un atentado cando entramos en determinados lugares públicos, a unha multa por despiste á volta dunha curva, a que nos neguen o retiro cando nos toque, e ata ás cartas que nos trae o carteiro cando nos manda asinar un recibo. Un nunca sabe que sorpresas lle agardan, se porque se cruza un gato negro no camiño ou porque saes co pé esquerdo da casa. Seguir lendo O medo non ten nome

A sociedade estabulada

estabulada1Francisco Ant. Vidal Blanco. Non sabía eu que ese can tan manso e cargado de anos que adormece na porta da eira dos pais dun amigo, foi un rebelde duramente castigado pola ditadura dos amos. O can era fillo dunha cadela que fora violada por un lobo (e a historia desta violación tamén é digna de ser contada algún día), pero criouse como un máis da casa Seguir lendo A sociedade estabulada

As medidas

 Vara de medir, igrexa de Monterrei
Vara de medir, igrexa de Monterrei

Francisco Ant. Vidal Blanco. Todas as medidas non son máis ca comparacións e estas algo relativo. Se é máis alto, pesado ou rápido ca outro, co modelo estándar ou co patrón de medida, só nos dá unha idea de como é o elemento a comparar. E no absurdo das comparacións aínda teño na memoria aquela definición que houbemos de aprender con once anos, que o metro era (que agora xa non é) a dez millonésima parte do cuadrante do meridiano terrestre Seguir lendo As medidas

Ler é unha batalla

lectorFrancisco Ant. Vidal Blanco. Non sei como será a experiencia lectora dos demais. Cada quen ten a súa, e con ela unha maneira diferente de enfrontar un novo libro ou un novo artigo. A min gústame seguir as recomendacións dos amigos e Xulio dinos que a maioría das veces a aproximación ten o proceso propio dos preámbulos dunha batalla, cos seus espías e as súas avanzadas, con campañas de creto e descrédito que preparan ó lector e o animan a abocar o conflicto que se lle brinda. Seguir lendo Ler é unha batalla