Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

A desgraza dos Crego

Casa natal de Murguía
Casa natal de Murguía

Francisco Ant. Vidal Blanco. Cada familia ten a súa historia, o seu currículo, a súa traxectoria, e a memoria de cada casa é unha lenda que renace en cada xeración, focalizando uns feitos e evitando falar doutros, obrigándonos a replantar os sucesos que nunca estarán suficientemente claros, ata converterse nunha especie de nube seca sobre os que levan tal apelido ou tal alcume. Seguir lendo A desgraza dos Crego

O padriño de Murguía

MurguíaFrancisco Ant. Vidal Blanco. Pouco a pouco imos acotando os motivos polos que a nai de Murguía foi dar a luz a Oseiro, e cada vez que nos acercamos a esta misteriosa coincidencia máis nos sorprendemos. A razón dada por don Vicente Risco de que dona Concepción Murguía ía en peregrinación desde A Coruña á Virxe de Pastoriza cando lle viñeron as dores do parto, non se sostén se temos en conta que O Froxel queda tres ou catro quilómetros máis aló do destino. Seguir lendo O padriño de Murguía

A importancia do marco

Xaime Quessada - El piano - 01Francisco Ant. Vidal Blanco. Só os pintores máis vangardistas lle quitan o marco ás súas obras, ou aínda pintan fóra dos límites do lenzo, na parede, negándose a acotar o espazo. Pero, por moito que as tendencias dos creadores vaia polo camiño da pura desnudez da obra, para amosala tal e como ela é, sen atributos superfluos, os feitos demóstrannos que o marco, o entorno ou o escenario dálle un valor engadido á creación artística. Seguir lendo A importancia do marco