Arquivo da categoría: Cine

A moza danesa, de David Eberschoff

la-chica-danesaXerardo AgraFoxo. Esta novela conta a historia de Einar Wegener e Greta Waud, unha parella de pintores dinamarqueses coñecida nos primeiros anos do século pasado polos seus retratos de mulleres. Un matrimonio artístico que pasou á historia cando el, Einar, se converteu na primeira persoa en cambiar de sexo cunha intervención cirúrxica. Así naceu Lili Elbe, a auténtica protagonista deste relato ateigado de dúbidas, pensamentos e emocións, no que o autor, David Ebershoff ( (Pasadena, 1969), ofrece a atormentada viaxe dunha persoa que non renunciou a súa sexualidade. A novela está narrada con precisión, alternado os espazos onde se desenvolveu a controvertida vida de Einar/Lili e os momentos da narración histórica, valéndose de continuos saltos temporais. Seguir lendo A moza danesa, de David Eberschoff

Nick Cave levanta unha obra de arte coas cinzas do seu fillo

cave1Gonzalo Trasbach. Con motivo dunha tráxica noticia, no verán do 2015 citei por vez primeira nesta páxina web a Nick Cave. Entón, relataba que, pese a que tiña unha ferida de morte no corazón, levoume da man ata a cabana de Karen Dalton, unha muller por cuxas veas corría sangue cheroquí, e que posuía unha das voces máis tristes da década dos sesenta. A segunda vez que o nomeei foi a conto de falar de “Mai e fillo”, o filme de Sokúrov que o australiano contemplara nun cinema do Soho londiniense, onde chorou dende o principio até o final. Pois ben, agora vou escribir de novo sobre o autor do fabuloso “The Boatman’s Call” (1997), o álbum que me vén sempre á cabeza cando paso por diante do Brompton Oratory, en Londres, onde, se mal non recordo, compuxo Into My Arms. Seguir lendo Nick Cave levanta unha obra de arte coas cinzas do seu fillo

Ghadi, de Amin Dora

ghadiXerardo AgraFoxo. Estamos diante dunha película do modesto cine libanés, de onde nos chegou hai uns anos dúas curiosas obras –Caramel (2007) e E agora a onde imos? (2001)– de Nadine Labaki. O director de Ghadi é un debutante, Amin Dora, pero o protagonista, Georges Khabbaz, tamén autor do guión, é unha celebridade no seu país. O filme, candidato aos Premios Óscar no 2014, garda certas semellanzas con Amelie, de Jean Pierre Jeunet, e Os Xoves Milagre, de Vittorio de Sica. En Ghadi, cóntase a historia de Leba, un profesor de música que vive nun arrabalde dunha cidade costeira. Despois de casar coa súa noiva da infancia, Lara, ten dúas fermosas cativas, Yara e Sarah. Seguir lendo Ghadi, de Amin Dora

Import/Export, de Ulrich Seidl

importXerardo AgraFoxo. Despois de contemplar con certa sorpresa Amor (2102), Fe (2012) e Esperanza (2013), ver agora esta película do austríaco Ulrich Seidl (Viena, 1952) é mergullarse por cuarta vez nun estilo tan explícito como marcadamente documental. A través de escenas da vida cotiá, este director, gañador do Gran Premio do Xurado de Venecia pola película Días de canícula (2001), recrea cunhas imaxes “hiperrrealistas” e uns movementos de cámara nada convencionais algúns dos problemas máis comúns que lle afectan ao ser humano: a soidade, a crueza da vida, a emigración, a prostitución ou os problemas sentimentais. Seguir lendo Import/Export, de Ulrich Seidl