Arquivos da categoría Cine

Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres

1545418115-460_1d35838a-mia-posterGonzalo Trasbach. Logo de varios anos protagonizando polémicas, M.I.A. xa non necesita os medios, pois ela é a narradora da súa propia historia. Desde que subiu por vez primeira a un escenario emprega os micrófonos para rapear e meterse en leas e provocar acedos comentarios dos seus inimigos. En 1975, o seu país de orixe estaba en guerra civil entre o goberno e a minoría étnica tamil, á que pertencía e pertence a súa familia. O seu pai, fundador da resistencia tamil, enviou a súa familia para Europa. Continue reading Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres

Un fracaso chamado Roma

003_mIgnacio Castro Rey. Preséntase como unha “carta de amor ás mulleres que o criaron”. De xeito evidente, a toda sombra, a película de Alfonso Cuarón é demasiado ambiciosa para o que despois cumpre, case nada. De estar só creo que me largaría, pero como estaba con Eugenio Castro (por primeira vez no cinema), limiteime a miralo de esguello para tentar adiviñar se sentía o mesmo ca min… ou un servidor tiña unha mala tarde, que lle pasa a calquera. Continue reading Un fracaso chamado Roma

Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives

poster-1Pilar Sampedro. Un café dá para moito. Unhas veces falamos de libros, de películas ou exposicións, de ciencias ou de letras, de arte ou filosofía … outras lemos algo que unha tertuliana escribiu desde a ficción, e outras comentamos algo que nos abre novas portas ao pensamento que late no día a día. Por iso, hoxe traio ao café un concepto, unha asociación, unha película que acabo de descubrir para que chegue a outros e outras que –coma min– non estaban ao tanto. Unha idea: a diversidade funcional. Porque non todas as persoas temos as mesmas capacidades, porque estas son diversas, porque isto non ten que significar unha etiqueta de deficiencia, discapacidade, minusvalía… Continue reading Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives

O artista da fame, de Kafka

71k6b0KMKCLCésar Alen. Nos últimos anos descendeu moito o interese polos xaxunadores. Non é unha frase miña, senón o comezo do conto de Franz Kafka. Un relato desasosegado, impactante, pero absolutamente recoñecible, é dicir, kafkiano. Xa é un mérito en si mesmo, acuñar un cualificativo que defina unha obra. Quizais a obra non sexa do todo coñecida, pero si unha remota resonancia de algo que quizais queira dicir… non sei, o que todos cremos que quere dicir; en realidade non fai falla definilo, resultaría redundante. O certo é que descubrín este relato xunto ao do Artista do trapecio, ao fondo dunha edición de Bruguera da coñecida Metamorfose. Continue reading O artista da fame, de Kafka