Arquivo da categoría: Cine

A muller do chatarreiro (II), de DanisTanovic

la-mujer-del-chatarreroXerardo AgraFoxo. Este pequeno tesouro cinemato-gráfico de Bosnia-Herzegovina, interpretado por actores non profesionais (Senada Alimanóvic e Nazij Mujic), conseguiu no 2013 o Gran Premio do Xurado do Festival Internacional de Berlín e ocupou un lugar destacado na Sección Oficial do Festival de Sevilla. O  argumento conta unha historia sinxela, dura e veraz:  Senada, a nai dunha familia xitana que vive da chatarra, comeza un día a sangrar e a ter fortes dores no ventre. No hospital comunícanlle que tivo un aborto espontáneo, e recoméndanlle unha urxente intervención cirúrxica, pero ao carecer de cobertura sanitaria, o seu marido, Nazif, tratará de encontrar durante 10 días máis chatarra para vender e lograr os 500 euros que costa a operación. Seguir lendo A muller do chatarreiro (II), de DanisTanovic

A esmorga, de Ignacio Vilar

ESMORGA-cartelA-webAntón Riveiro Coello. O pasado venres asistín á estrea d’A esmorga en Ribeira na sesión das 20’30 h. Para a miña sorpresa, logo da excelente promoción polas redes e as recomendacións entusiastas dos que xa a viran no festival en Ourense, só estabamos nove persoas na sala. Máis xente que outras veces, si, pero pouca cousa para o que se supuña un dos acontecementos culturais do ano, o que me fixo sospeitar o peor. Con todo, a miña predisposición era boa. Sabía que ía ver unha nova adaptación da novela de Eduardo Blanco Amor, un dos meus autores preferidos e, o que non era menos importante, gravada en galego e por xente de aquí. Seguir lendo A esmorga, de Ignacio Vilar

Miss Violence, de Alexandros Avranas

Miss_Violence-614807727-largeAntón Riveiro Coello. O día do seu once aniversario, Angelik envólvese nun sorriso e salta ao baleiro para se suicidar. O motivo deste estraño suceso fica dentro da casa. E a familia non tarda moito en soterrar esta morte voluntaria volvendo a unha existencia rutineira. Isto é o que pon medras na curiosidade dos Servizos Sociais, que deciden facer unha visita a unha familia de aparencia normal, educada e tranquila. Mais axiña agromarán escuros e terribles segredos. Velaí o comezo intrigante desta dolorosa e claustrofóbica película grega de Alexandros Avranas, premiada coa mellor dirección no Festival de Venecia do pasado ano, amais de apañar tamén o galardón ao mellor actor (Themis Panou). Seguir lendo Miss Violence, de Alexandros Avranas

A muller do chatarreiro, de Danis Tanovic

la-mujer-del-chatarrero-cartelAntón Riveiro Coello. O feito de que teña comentado neste café moitas películas interpretadas por xente do corrente, non profesional, non é algo casual. Gusto destas apostas que non precisan dunha produción millonaria para a súa execución e que apenas chegan aos cines, como moito a algún festival. Ás veces xorde a pregunta de se é a propia crise do sector a que empurra a aparición destas películas ou se é simplemente a vontade do director que quere explorar novos mundos e contar unha historia diferente. En A muller do chatarreiro non teño dúbidas de que se trata desta segunda opción, entre outras cousas porque estamos a falar de Danis Tanovic, un director que tivo un éxito fulgurante xa no seu debut con En terra de ninguén, película coa que apañou o Óscar á mellor película estranxeira, o Globo de Ouro e unha chea de premios en distintos festivais internacionais. Seguir lendo A muller do chatarreiro, de Danis Tanovic