Arquivo da categoría: Fidel Vidal

A España abarrotada

51VM2y5J4tLFidel Vidal. Da decena de amigos que volvemos xuntarnos para tomar un café, con fillos e fillas casadas, e netos algúns deles, bastante máis da metade dos seus descendentes non reside no noso país, en Galicia. Uns levan anos no estranxeiro, Reino Unido, Suiza, Estados Unidos, Portugal, incluso México. Outros, a maioría dos restantes, viven e traballan en Madrid. Se antes emigrábase só coa maleta -non esquecemos as de madeira-, hoxe en día, e non son poucos, ademais da maleta van acompañados de títulos superiores, enxeñeiros, médicos, economistas, avogados. Seguir lendo A España abarrotada

Lino Braxe. Autorretrato

fidelFidel Vidal. Estamos todos convidados por Mandiá -como adoitaba chamalo Manuel María polo segundo apelido-, si, convidados ao Banquetede Lino Braxe (Limiar de Xosé Manuel Beiras, Sotelo Blanco, 1990), unauténtico festín inconcluso mais non fragmentado. Un banquete en plena creación, “en plena celebración”, en constante celebración do éxito dunha falsa vocación de fracaso. Este é o festexo imperecedoiro da sublimación dun infortunio enmascarado, porque onda nós “non hai opción á compracencia”, tal como diX. M. Beiras. Seguir lendo Lino Braxe. Autorretrato