Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Noite escura de amor

juan1Fidel Vidal. As augas e a noite son os símbolos centrais na obra de san Juan de la  Cruz: ambos son paralelos ou constitúen –no dicir de J.A. Valente-, en rigor, un só símbolo. A noite xera a alba e as augas a transparencia: son a experiencia do fondo, “da inmersión abisal, que é a xestación dun novo nacemento”. Sendo neno frei Juan cae nunha lagoa e é salvado por “unha señora moi fermosa” que lle pedía a man alongándolle a súa, e el non lla quería dar “por non a lixar”. Seguir lendo Noite escura de amor

Cántico espiritual: o obxecto do desexo

canticoFidel Vidal. Se o Cantar dos Cantares –di J. L. Aranguren- é un poema sobrecargado de sensualidade, o Cántico é profundamente erótico. Nel o “argumento”, a “acción”, consiste na “consumación da unión amorosa enteiramente narrada”. Para Francisco Rico o Cántico significa a mellor síntese da doutrina mística que segue o itinerario cara á unión (amorosa e mística) desde os seus comezos (Subida-Noche) até o seu final (Llama), onde a amada (alma) atopa ao amado (Deus) nun marco natural e apracible.

Mi Amado, las montañas,/ los valles solitarios nemorosos,/ las ínsulas extrañas,/ los ríos sonoros,/ el silbo de los aires amorosos. Seguir lendo Cántico espiritual: o obxecto do desexo

Makbara, na memoria de Juan Goytisolo

goi1Fidel Vidal. Na praza de Xemaá-el-Fná de Marraquech, hai unha placa enorme que certifica en varios idiomas a súa declaración como patrimonio inmaterial da humanidade. Moito tivo que ver nesa proclamación Juan Goytisolo (1931-2017), que presidiu durante anos o comité de selección da Unesco: “Foi unha maneira de a protexer da especu­lación inmobiliaria”. Preto dela mercou unha casa en 1981, “cando ninguén quería vivir na Medina”; de aí o verbo “medinear” que el distingue de “pasear”. Un ano antes publicara Makbara, unha novela dedicada “aos que a inspiraron e non a lerán”, é dicir, aos habitantes da cidade ocre-rosada. Seguir lendo Makbara, na memoria de Juan Goytisolo

Eloxio da copia e do debuxo

dibujar

Fidel Vidal. T. S. Eliot deixounos esta frase: “Os poetas inmaturos copian, os maduros rouban”. Isto non significa estar a favor do plaxio senón de aproveitar as vantaxes que supón practicar guiados da man dos mellores. Así é como concibo o volume Debuxar cos grandes mestres, de Jeffery Camp (Blume, 1982), ofrecido como outro método para aprender a arte do debuxo, mais resulta ser diferente do habitual nesta clase de obras. O texto vén recomendado e presentado por David Hockney: “É o libro máis completo de trazos en follas de papel que vin na miña vida”. O pintor admite que “calquera é quen de aprender a debuxar realmente ben, exactamente igual que se aprende a escribir”. Seguir lendo Eloxio da copia e do debuxo