Pilar Sampedro. Suso de Toro pode ser, ao meu entender, o máis aproximado á imaxe do intelectual critico e comprometido do noso país. Conserva íntegra a disposición a ilusionarse cada vez que descobre unha personalidade fóra do normal, unha idea valiosa ou unha iniciativa poderosa. Seguir lendo Suso de Toro entrega nova novela, pero non falarei dela
Arquivo da categoría: Pilar Sampedro
Reflexións en base ao libro infantil: O xeito das froitas
Pilar Sampedro. Hai libros necesarios aínda que en principio non semellen excelentes, ou puideramos pensar que son obras menores. Vén a conto, repasando unha novela infantil de María Reimóndez, O xeito das froitas, publicada en Oqueleo. Levoume a revisalo unha personaxe principal moi interesante: unha nena de carácter forte e conviccións seguras, que anda entre a consideración de teimuda ou simplemente dotada de autoestima. Unha desas personaxes ás que nos imos acostumando, que racha os estereotipos de xénero, con ideas propias e orixinais sobre case todo, que se asenta na igualdade e os dereitos, pero tamén nas obrigas, porque é empática e solidaria. Seguir lendo Reflexións en base ao libro infantil: O xeito das froitas
Cartas a unha lectora, a un lector (IX)
Pilar Sampedro. Lois Diéguez de Monforte escribe a mensaxe do 2016. Nela reivindica mirar as estrelas. Ler nese firmamento, no que semella que Manuel María se converteu nunha estrela de cor vermella, que acompaña á azul Venus. Di que se a miras intensamente saen dela páxinas de letras que contan os segredos que ninguén sabía descifrar.
Manuel Veiga, tamén de Monforte, faino no 2013. Conta como “arredor de 1970, o Ministerio de Educación y Ciencia destinou á Escola de Diomondi (O Saviñao) Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (IX)
Cartas a unha lectora, a un lector (VIII)
Pilar Sampedro. No ano 2015 Xabier Quiroga, que naceu en Escairón (O Saviñao), escribe para o colectivo Lemos. Le un texto que titula “A miña biblioteca, miña casa”. Nel, despois de pasar revista ás casas da súa infancia, onde non había libros, vainas numerando. Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (VIII)