Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Cartas a unha lectora, a un lector (VII)

olganovoVIIPilar Sampedro. Continuando co eixe de textos sobre a lectura, abandono os marcapáxinas do Día do Libro para bibliotecas escolares e voume á páxina do colectivo Lemos Le (formado por ensinantes, bibliotecas escolares e públicas, librarías e escritores/as) para seguir recollendo algún outro texto deste tipo.

Olga Novo (a autora do último Premio Nacional de Poesía) é da Pobra do Brollón e foi a primeira convidada a escribir algo sobre a lectura. Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (VII)

Cartas a unha lectora, a un lector (VI)

VIPilar Sampedro. O último texto, correspondente ao ano 2020, foi escrito por Manuel Gago. Nel di “Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos (…) atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (VI)

No aniversario de José Antonio González-Capeán Álvarez

Aniversario da morte. J.A.G-CAPilar Sampedro. Na aldea somos así. O Cabodano ten a súa importancia ata o punto de que, de novo, tocan a campás, para convocar a parroquia de vivos –como dicía o noso párroco– e así lembrar os que xa hai un ano que non están. Xa que non se puido facer nada hai un ano cando morreu, paréceme que esta pode ser unha boa ocasión para recordar alguén que tivo unha vida curta e alternativa, alguén que saíu da canle da porcelana de éxito Seguir lendo No aniversario de José Antonio González-Capeán Álvarez