Pilar Sampedro. Patiño é un apelido querido entre nós. Fala de arte e cultura, dos artistas, Raimundo, Antón, Lois… e de libreiros: con Antón Patiño, o home que viña da República para traballar nos eidos da micoloxía e dos libros, fundando a libraría Librouro en Vigo á que lle dá continuidade o seu fillo Xurxo. Seguir lendo Caosmos de Antón Patiño
Arquivo da categoría: Pilar Sampedro
Cartas a unha lectora (III)
Pilar Sampedro. Neste empeño por falarche con palabras doutros (as miñas non me parecen suficientemente convincentes) boto man duns magníficos textos que se presentan en formatos tan humildes coma un marca páxinas, iso si, en forma de libro. Imos duns a outros, recollendo o que eles e elas sementaron, agradecéndolles os textos Seguir lendo Cartas a unha lectora (III)
Carta a unha lectora (II)
Pilar Sampedro. Cando lle tocou a Carlos Negro facer o seu texto para o marca páxinas das bibliotecas escolares, con motivo do Día do Libro do ano 2011, definiu o lugar da lectura como unha porta sempre entreaberta (pola que podes mirar sen que te vexan e sen correr riscos; miras e pechas, ou miras e entras), unha casa encantada (na que suceden cousas inesperadas), unha laranxa do paraíso (como aquelas que el nos mostrou en As laranxas de Alí Babá), unha alfombra no ceo (da mesma tradición arábiga, pero é que nós temos moito que ver con ese mundo dende Cunqueiro, máis que dende o Almanzor que nos levara as campás) Seguir lendo Carta a unha lectora (II)
Carta a unha nena
Pilar Sampedro. Ven, quero que entres comigo nun libro.
Imos facelo petando na súa porta, pedindo permiso para que nos deixe abrilo. Ir máis alá da cuberta, onde apenas podemos ver o título e os nomes de quen o escribiu e debuxou. Seguir lendo Carta a unha nena