Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Carta a unha lectora

pexels-photo-3776190Pilar Sampedro. “Co agradecemento a todos os citados, sen recoller as súas palabras exactas.” Os libros son para valentes, dixérao Pedro Feijoo, nun texto co que agasallou as bibliotecas escolares polo Día do Libro do ano 2016. El contaba que as historias poden arrastrarnos dentro dunha treboada, facernos chorar ante unha vida que se apaga, facernos rir ata desencaixarnos a mandíbula, arrebatarnos, cambiarnos a vida. Seguir lendo Carta a unha lectora

2020, o ano sen primavera

TurnerPilar Sampedro. “O ano sen verán” (e tamén o ano da pobreza) foi como se lle chamou a 1816. Baixaran as temperaturas e o sol estivo oculto, as erupcións volcánicas en Filipinas e Indonesia foron causa de parte desta situación que provocou escaseza de colleitas e alimentos. Pero non foron só esas as repercusións da falta de verán, os efectos sobre a cultura fixéronse ver nas pinturas Seguir lendo 2020, o ano sen primavera

Premio Fina Casalderrey de Literatura pola Igualdade

51Z-yaHSXjLPilar Sampedro. A editorial Baía, demostrou o seu interese e sensibilidade cara ao tema da muller e da igualdade ao poñer en marcha a colección “Contos da Igualdade” cos títulos: Un día de treboada, Alfombriña; Nera, a Ferreira, O meniño Nito; Entón, os homes choran ou non?, e o exitoso, Xela volveuse vampira, de Fina Casalderrey.

Hai un par de anos avanzou nese ámbito ao crear o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Na primeira convocatoria resultaron ganadores, ex aequo, os libros: A reconquista de Antía Yáñez e Vermella de Sabela Losada. Seguir lendo Premio Fina Casalderrey de Literatura pola Igualdade

2020. Cambio de paradigma

pexels-photo-3991311Pilar Sampedro. Estamos en tempos de cambio. O que ata hai uns meses era normal, tal vez non volva selo. De repente, coma se dun cataclismo se tratase, o mundo deu a volta. Foi unha transformación potente pero silenciosa; non se trataba dun ataque terrorista senón da expansión dun virus, dun contaxio para o que ningún país estaba preparado. Unha contaminación vírica que encheu os hospitais ata desbordalos e pasar a ocupar recintos feirais e polideportivos. Toda a xente tivo que pecharse nas casas para que o virus non chegase a eles, porque andaba por todas partes. Tratábase de fuxir del, de non darlle ningunha superficie sobre a que poder pousar pois actuaba como un alien invisible que se alimentaba Seguir lendo 2020. Cambio de paradigma