2020, o ano sen primavera

TurnerPilar Sampedro. “O ano sen verán” (e tamén o ano da pobreza) foi como se lle chamou a 1816. Baixaran as temperaturas e o sol estivo oculto, as erupcións volcánicas en Filipinas e Indonesia foron causa de parte desta situación que provocou escaseza de colleitas e alimentos. Pero non foron só esas as repercusións da falta de verán, os efectos sobre a cultura fixéronse ver nas pinturas de J. M. Turner ou na literatura de Lord Byron e Mary Shelley pechados na Villa Diodati. Ela escribiu Frankenstein e Lord Byron legounos versos que describen moi ben eses días, baixo o título “Escuridade”:

“Tiven un soño, que non foi un soño.

O sol extinguiuse e as estrelas

vagaban ás escuras no espazo eterno.

Sen luz e sen rumbo, a xeada terra

oscilaba cega e negra no ceo sen lúa.

Chegou a alba e foise.

E chegou de novo, sen traer o día.”

Agora, que estamos vivindo o ano sen primavera, alguén escribiu “Era o 11 de marzo de 2020. As rúas estaban baleiras, as tendas pechadas, a xente xa non saía, pero a primavera non o sabía. E as flores seguían florecendo e o sol brillando e as andoriñas  volvendo (…) Entón o medo fíxose real e todos os días parecían iguais pero a primavera non o sabía. (…) Foi o ano no que se entendeu a importancia da saúde e dos afectos. O ano no que o mundo pareceu pararse e a economía esborrallarse pero a primavera non o sabía (…)”.

Si, foi poñerlle texto á nosa música porque ben viamos que no medio do verde aparecían margaridas como puntos de brancura que nos sorprendían, porque, como era posible que o tempo fose tan alleo a nós? Quen nos estaba falando da vulnerabilidade dos seres humanos sen sequera mirarnos?

Por todas as redes nos chegou tamén un poema de K.O. Meara escrito cando a epidemia de peste en 1800 que rezaba así: “E a xente quedou na casa. E leu libros, e escoitou, e descansou, e fixo exercicio, e arte, e xogou e aprendeu novas formas de ser, e ficou queda. E escoitou máis profundamente. Algúns meditaban, algúns rezaban, algúns bailaban. Algúns atopáronse coas súas sombras. E comezaron a pensar de xeito diferente (…) a terra comezou a sandar. E cando pasou o perigo, e a xente se uniu de novo, choraron as súas perdas”.

Noutra orde de cousas, o humor fixo a súa aparición presentándose cunha forza vital que só lembrabamos da ditadura e da transición. Aí estaban eles e elas facéndonos esbozar o sorriso con aqueles animais que miran pola fiestra para dentro da casa e se din uns aos outros: “Non che dixen que estaban castigados? A tenrura tamén chegou na inxenuidade daquel neno que contaba: “Non podemos saír porque hai un bicho malo na rúa, e se non ve a ninguén, vaise.”

Ninguén vai negar que podemos ser irresponsables, malignos ata o punto de negociar coa saúde, perversos ata declarar guerras ou cometer asasinatos, nocivos ata permitir que os outros fagan isto e non actuar. Pero tamén gardamos a capacidade de facer o ben e a creatividade que permite mirar dende diferentes prismas e xerar novas iniciativas. Por iso aínda nos queda a esperanza de saír desta situación co ánimo de resolver os problemas que se creen e de transformar a realidade.

2 comentarios en “2020, o ano sen primavera

  1. ¡ Fíjate qué casualidad Pilar ! Ayer mismo estuve leyendo un pequeño libro que se llama “La noche en que Frankenstein leyó el Quijote” y trata precisamente del verano de 1816 cuando Mary Shelley y su marido Percy Shelley, acudieron a Suiza, a una hermosa casa en las montañas propiedad de su amigo Lord Byron. Precisamente por aquel cambio meteorológico que les impidió salir a las proyectadas excursiones, el matrimonio Shelley y Byron optaron por reunirse al rededor de la chimenea y entre copa y copa deleitarse con la lectura en voz alta. Lord Byron propuso que cada uno escribiese un relato de terror, y el que se considerase más terrorífico, ése ganaría el concurso. Mary Shelley escribió “Frankenstein o el moderno Prometeo”.
    Percy, leía todas las noches “El Quijote” traducida al inglés. Mary se enamoró tanto de Cervantes que aprendió español, y años más tarde escribió “Vidas de los más eminentes hombres de la ciencia y la literatura de Italia, España y Portugal” donde biografiaba las vidas de poetas, dramaturgos y novelistas españoles como Lope de Vega, Cervantes, Garcilaso de la Vega, Góngora, Quevedo o Calderón de la Barca.
    Ya ves, Pilar, no hay mal que por bien no venga, eso dice el refrán. Ese año de lluvias nos regaló a los lectores una buena obra que es posible que no la tuviéramos de no propiciarse aquel encierro. Lo que estamos padeciendo es muy diferente pero confiemos en que esto se acabe cuanto antes y que tengamos más sentidiño común.
    Cariñosos saludos desde Palmeira.

    1. Grazas polo comentario e a información. Descoñecía o interese de Percy polo Quijote e todo o relacionado con España.
      A ver que pasa con este confinamento…
      Saúde!
      Pilar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>