Estación terminal

pexels-photo-3669388X. Ricardo Losada. Cóntame Carmen, unha amable lectora, que, durante o confinamento, botou de menos o bisneto, pois adoita saír con el e sentar nun banco a ver pasar o metro de superficie de Madrid mentres o neno, cada vez que pasa un, di Adiós, ten. Gustoume tanto a historia que, de inmediato, asocieina co relato de Rafael Dieste O neno que quería ver o tren. Xa sei que o relato titúlase O vello que quería ver o tren, pero nun primeiro momento, condicionado pola historia de Carmen, cambiei a idade do protagonista. Aínda que non tardei en decatarme de que non era un erro tan ilóxico. Teño moitas dúbidas de quen é o protagonista do relato do autor rianxeiro. Certo que é o vello quen quere ir ver un tren que, por vivir nunha aldea remota, nunca viu, pero tamén que é o neno quen, contra o criterio dos pais (mesmo lle pegan por suscitalo), decide acompañalo ata o apeadoiro, pois tamén desexa velo.

     O caso é que esa asociación provocou que volvese ler, moitos anos despois, o relato. E comprobei algo que xa sabía pero que, cada vez que o experimento, me produce un enorme pracer. Un texto é clásico cando ao relelo  ofrece unha lectura nova, e unha lectura adaptada ás novas circunstancias. Non é só que o texto de Dieste se lea de forma distinta agora que cando o escribiu hai cen anos, senón que tamén se le de forma distinta agora que hai dez anos (a última vez que eu recordaba lelo), aínda sendo lido pola mesma persoa, e aínda sendo lido por unha persoa que case o sabe de memoria. Comprobar que o presente modifica o pasado, é unha experiencia marabillosa.

 pexels-photo-1548693     Xa o adiviñastes. Non puiden evitar relacionar o relato de Dieste co confinamento, pois o vello do relato vivira toda a súa vida confinado nunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan perdidas entre calados cumios e despois de viaxar co neno no rexo carro de bois, que rinchaba, xemía e daba tombos polos agres camiños montesíos, descubre, vendo un tren nun apeadoiro podrecido, que hai máis mundos, embruxados, ledos e tentadores, di, que o que el vivira. Pero o mesmo lle pasa ao neno (Eu cando medre, di no camiño de volta, tamén hei de andar en tren) para amargar aínda máis a tristura do vello pois decátase de que, máis que o confinamento no espazo, o máis duro (o vello dille Adeus ao tren; o neno, Ata logo) é o confinamento no tempo. E por iso pensei rematar este texto dicindo que Carmen escoita Ata logo ten cada vez que o bisneto di Adeus ten. Pero axiña o descartei: prefiro o duro final do relato de Dieste a ese sensible, case cursi, que pensaba para o meu. Se algún día a min me pasa o mesmo, e son un vello que quere ver unha máquina do tempo, e me acompaña o neto, e me di que algún día, cando medre, el viaxará na máquina do tempo, creo que eu, máis que aledarme pola súa esperanza, entristecerei pola miña impotencia.     

3 comentarios en “Estación terminal

  1. Prezadas Magdalena e Carmen:

    Dieste é para min un referente moi querido. Dos tres autores rianxeiros foi o primeiro
    (quizais porque é o máis filosófico) que me encadeou. DOS ARQUIVOS DO TRASNO, o libro no que está o relato do tren, é un libro fascinante porque, contando historias aparentemente populares, trata temas dun moi grande trasfondo filosófico, desde o dualismo platónico ata a teoría da relatividade. Dieste ve no local o universal dunha forma que un apaixonado da Filosofía só pode admirar, pois non intenta harmonizalos, senón facer que convivan nunha tensión constante. E iso é o que eu intento facer tamén cos meus pequenos textos, Deus sabe con que resultados…

    Onte saín por primeira vez a celebrar o aniversario dunha amiga. A media de idade, superaba con creces os cincuenta. Nestas circunstancias un dáse conta de que non quere ser vello (nunca me gustaron os deportes de risco, e ser vello éo cada vez máis desde hai dous meses) pero tamén de que a familia e as boas amizades fan todo máis levadeiro. De aí que teñas toda a razón, Carmen, cando valoras tanto esa informática que nos permite ver nestas circunstancias os seres queridos.

    Da calefacción a Fernánde Flórez. Nin que dicir que me encantou ese encadeado…

    Non lle dou a José María os vosos saúdos porque sei que nos le en Café Barbantia. Aproveito para animalo a que, por un día (hoxe ademáis é o día das Letras Galegas),
    abandone a súa discreción e entre na conversa, sempre tan razoable e sentida.

    Apertas para os tres!!!!

  2. Querido profesor:
    Me siento halagada al ver que mi modesto comentario ha dado ocasión a tan bello y reflexivo artículo colmado de melancolía. Es admirable cómo expresas en tu relato que el presente modifica el pasado: la diferencia de un “Adiós” pronunciado por un niño o por un viejo…
    Cuando Magdalena me puso al tanto de tu entrada, me encontraba pasando por el suelo de toda la casa la fregona mojada en agua con vinagre (con envío de testimonio fotográfico) para evitar que se reseque el parket. La cuestión es que han vuelto a poner la calefacción central a todo trapo y ello me llevó a recordar un relato de Fernández Flórez (“El malvado Caravel”, creo) en el que el protagonista no estaba acostumbrado a respirar aire puro y casi la palma en una disparatada salida al campo, “obsequio” de los jefes. El caso es que se me ocurre pensar que con el encendido de las calefacciones a estas alturas, lo que se pretende es enrarecer el ambiente de forma gradual, no sea que al entrar de golpe en la atmósfera contaminada de Madrid, en cuanto den vía libre al parque automovilístico, se potencie el descalabro que está causando el coronaviros: lo que le ocurrió a Amaro Caravel, pero a la inversa.
    Bromas aparte, a lo largo de este mes celebro el cumpleaños de cuatro nietos y dos bisnietos. Precisamente hoy cumple un nieto la mayoría de edad y ayer nueve años la bisnieta mayor. Es de agradecer a la informática el acercamiento de las personas aunque sea de manera virtual. Lo que me emociona es que se puedan armonizar varios instrumentos musicales encontrándose los intérpretes en lugares distantes. De una manera sutil, sin obligarlos, traté de inculcar en mis hijos y nietos el amor a la música y hoy estoy recogiendo el fruto.
    Un abrazo inmenso a los dos, que llegue también hasta don José Mª Rodríguez Tubío.

  3. Buenos días, querido profesor:
    Hoy me paso nuevamente al castellano porque preveo que voy a alargarme un poco y así lo hago con más soltura y sin temor a que se me alteren las letras.
    Después de asearme y desayunar, me pasé al ordenador para ver con quien me tocaba tomar el siguiente “café”. Cuando te leí, y vi que Mari Carmen te había inspirado este gran texto y por ende llevarte junto al gran Dieste, ya afloró en mi ánimo esa expresión del alma, que es la sonrisa.
    Hoy todavía no he estado en contacto con ella, lo hacemos por medio del wassapp al mediodía mientras estoy en la cocina preparando el almuerzo con el móvil apoyado en la encimera para no perder el tiempo. Nos contamos algo sobre lo que hemos leído el día anterior, y ella me manda fotos de ese tan querido bisnieto que lleva siempre que puede a ver el “ten” y que ahora tanto está echando a faltar por causa de estos insólitos días.
    A partir de las doce le contaré que pase a leerte, pues hasta esa hora aún está enfrascada con la música de su cantante favorito que es don Alfredo Kraus, quedará encantada de que te haya inspirado ese artículo tan fantástico.
    Y ya que estamos con el tren, quiero decirte que, si puedes y tienes tiempo, léete “El abuelo que saltó por la ventana y se largó” no sé a quién se lo recomendé el otro día, pero te aseguro que pasarás una semanita magnífica con su lectura.
    Y sobre el final de tu entrada, ya sabes aquello que dice: “Todos queremos llegar a viejos, pero nadie quiere ser viejo”.
    Un orgullo leerte, querido profesor, biquiños palmeiráns compartidos con el gran querido é estimado autor de “Liorta viquinga”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>