Pilar Sampedro. Foise maio e xuño está aquí, e daquela lembramos a Xabier P. Docampo, “o mestre das viaxes imaxinarias” como o definiu Cajaraville, o valente defensor da lingua, que nos deixou vai lpara un ano. Con Docampo vén á memoria o seu derradeiro libro, aquel que non dirixiu á rapazada e no que quixo recoller todo o seu imaxinario. Falemos del. A nena do abrigo de astracán está na foto da cuberta, cos seus catro aniños. Pensando nela (e noutros coma ela) o autor busca a cita de Davis Grubb que serve de pórtico ao libro: “O Señor garde os nenos! Sopórtano todo. O vento sopra e a chuvia é fría. Porén eles sopórtano todo”. Eles empéñanse na alegría no medio dunha cotiá tortura. Seguir lendo Docampo en xuño
Arquivo da categoría: Pilar Sampedro
Comercios con encanto e máis cousas
Pilar Sampedro. Hai comercios que queremos que duren moito, que pasen por eles xeracións e xeracións. Comercios dos que nos sentimos fachendosas por estar na cidade que compartimos. Comercios que fan máis ca ofertar bos produtos. Un deles é Couceiro, a libraría que cumpriu 50 anos hai uns días e que máis alá de vender libros galegos converteuse nun centro de cultura. Seguir lendo Comercios con encanto e máis cousas
Noia, berce de académicas
Pilar Sampedro. Noia foi sempre berce de artistas. Por iso podemos falar da Noia literaria e a Noia das Artes que levitan por outra realidade. Igual que Castroforte del Baralla desaparecía de vez en cando, esta outra Noia aparece de cando en vez. Seguir lendo Noia, berce de académicas
As alegrías de marzo
Pilar Sampedro. Hai uns días falabamos das penas e pesares por unha libraría que se pecha (Andel, en Vigo); hoxe queremos falar dunha que se mantén (Couceiro, en Santiago). A libraría Couceiro acaba de cumprir medio século termando dun comercio cultural. Pasando dunha zona da cidade á outra, da rúa de San Pedro ao ensanche compostelán, e de aí á praza de Cervantes. Toda unha casa dedicada ao libro, maioritariamente ao libro galego, despois de ter sido pioneira na comercialización do libro portugués en Galicia. Seguir lendo As alegrías de marzo